Rutas de Arquitectura 2021


Rutas de arquitectura

Este 2021 a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Real Academia Galega de Belas Artes, propón unha nova edición das rutas de arquitectura e ofrece percorridos nos que perderse entre pazos e mosteiros, arquitectura civil e relixiosa, para coñecer de preto os exemplos máis sobranceiros da provincia.

  • Inscrición: roteiros.cultura@depo.gal
  • Prazas limitadas: 25 persoas por ruta
  • Indicaranse o nome da ruta, os nomes das persoas participantes (máximo 4 por reserva) e un número de teléfono de contacto.
  • Será obrigatorio o uso da máscara.
  • Os traslados entre os diferentes puntos da visita faranse en vehículo particular.

Visitas

PONTEVEDRA-POIO. Comarca de Pontevedra

Prazas esgotadas

  • Sábado 18 de setembro, de 10:00 a 13:30
  • Estefanía López
  • Punto de partida: ruínas de San Domingos
  • Ruínas de San Domingos, pazos urbanos de Pontevedra, igrexas da Peregrina e de San Bartolomé, mosteiro de Poio

OIA-A GUARDA-TOMIÑO. Comarca do Baixo Miño

Prazas esgotadas

  • Sábado 25 de setembro, de 10:00 a 13:30
  • Estefanía López
  • Punto de partida: Galiña Azul de Oia (A Riña, 7)
  • Mosteiro de Santa María de Oia, igrexa de Santa María da Guarda, castelo de Santa Cruz, fortaleza de San Lorenzo de Goián

MORAÑA-CATOIRA. Comarca de Caldas

Prazas esgotadas

  • Sábado 2 de outubro, de 10:00 a 13:30
  • Luz Paz
  • Punto de partida: santuario dos Milagres de Amil, Moraña
  • Santuario dos Milagres de Amil, torres de Oeste en Catoira, ermida e carballeira de San Cibrán de Dimo en Catoira.

MEIS-CAMBADOS-RIBADUMIA. Comarca do Salnés

Prazas esgotadas

  • Sábado 9 de outubro, de 10:00 a 13:30
  • Luz Paz
  • Punto de Partida: Mosteiro da Armenteira, Meis
  • Mosteiro da Armenteira, igrexa de Santa María Dozo, pazo Quinteiro da Cruz

Guías

Estefanía López

Doutora en Arquitectura e cun Premio Extraordinario de Arquitectura pola Universidade da Coruña (2010) e Premio Fin de Carreira da Xunta de Galicia (2010). Ten un máster en Rehabilitación Arquitectónica pola mesma universidade (2010), onde tamén desenvolveu o seu doutoramento entre os anos 2011 e 2015 co título San Julián de Samos (Lugo), estudio e interpretación del diseño monástico y su evolución, que obtivo o Premio Extraordinario de Doutoramento (2016).

Para o desenvolvemento da súa tese de doutoramento beneficiouse de dúas bolsas: a de predoutoramento da Universidade da Coruña (2011-2012) e a axuda de apoio á etapa de predoutoramento do Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento 2011-2015-Plan IC2, cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE-FEDER) 2012-2015.

Realizou estancias de investigación e docencia na Universidade de Estudos de Padua e na Facultade de Arquitectura da Universidade de Zagreb. Impartiu conferencias en congresos nacionais e internacionais en España, Portugal, Inglaterra, Polonia, Croacia, Estados Unidos, Francia e Italia.

A súa investigación, principalmente sobre a historia da arquitectura monástica e a paisaxe sacra, publicouse en diversas revistas científicas e libros. Na actualidade é profesora no Departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición da Universidade da Coruña e membro do Grupo de Investigación en Estudos Territoriais (GET).

Luz Paz

Doutora en Arquitectura pola Universidade da Coruña e máster en Arte, Museoloxía e Crítica Contemporáneas da Universidade de Santiago de Compostela. Realizou unha estadía de posdoutoramento na Escola de Arquitectura Bartlett, en Londres, cunha bolsa de posgrao da Fundación Barrié.

Desde o ano 2004 traballa no ámbito da arquitectura, do urbanismo e do comisariado de exposicións, polos que recibiu recoñecementos nacionais e internacionais. Forma parte do colectivo Cadelasverdes e do equipo redactor da revista Dardo Magazine: Art+Architecture+Design. Ademais foi coeditora de BAc, revista de investigación e arquitectura contemporáneas.

Comeza o seu labor docente no ano 2009 na Escola de Arquitectura da Coruña, onde na actualidade é profesora na área de Composición e forma parte do Grupo de Investigación en Composición Arquitectónica e Patrimonio (GICAP).