#ViveOMinho

Vive o Minho

Actividades ecoturísticas no río Miño transfronteirizo

A Deputación de Pontevedra, a través da súa área de Cooperación Transfronteiriza, acaba de organizar unha nova edición do programa de actividades ecoturísticas “Vive o Minho” para impulsar o territorio transfronteirizo como destino de natureza.


Entre as propostas de balde para o público haberá unha andaina popular, rutas de sendeirismo, rafting, caiac, visitas culturais, degustacións de viño e observación de estrelas en Vila Nova de Cerveira, Tomiño, O Rosal, Melgaço, Salvaterra de Miño, Arbo, Monção, A Guarda, Oia e Caminha.

O obxectivo do programa é atraer visitantes ao territorio transfronteirizo do río Miño, baixo o lema  “Dous países, un destino”, de maneira sostible e amosar todos os atractivos da súa riqueza paisaxística, natural, cultural e gastronómica.

O programa “Vive o Minho” enmárcase no proxecto homónimo, cofinanciado con fondos FEDER a través do programa “Interreg V-A POCTEP 2014-2020”.

Actividades ecoturísticas no río Miño transfronteirizo 2023

Andaina popular. Tomiño-Vila Nova de Cerveira, domingo 30 de abril

Esta actividade consistirá nun paseo entre viñedos e campos de cultivo, a través dos cales as persoas participantes poderán conectar co río, explorar praias fluviais e insuas que forman parte da Rede Natura 2000, e descubrir o rico patrimonio da zona.

Datos da actividade

Andaina popular. Tomiño-Vila Nova de Cerveira, domingo 30 de abril
  • Data de realización: Domingo 30 de abril de 2023
  • Apertura de inscricións: O luns anterior
  • Peche de inscricións: O xoves anterior
  • Tipo de actividade: Sendeirismo
  • Participantes: Máximo de 60 persoas. Apto para nenas e nenos a partir de 12 anos afeitos a camiñar
  • A actividade inclúe:
    • Ruta de sendeirismo
    • Traslado desde o punto de encontro ata o de inicio
    • Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
  • Non inclúe:· Xantar
  • Punto de encontro: Na Alameda de Goián

Programación da actividade

  • 10:00 h Punto de encontro na Alameda de Goián, campo do Regatiño (Tomiño)
  • 10:15 h Traslado en autobús ata o punto de saída, a praia fluvial das Redras Rivas (São Sebastião)
  • 10:30 h Andaina polo percorrido sinalizado
  • 16:00 h Fin da actividade

O percorrido é autoguiado e estará sinalizado sobre o terreo. Cada participante terá unha ligazón á aplicación Wikiloc para seguir a ruta co móbil ao seu ritmo. Ademais, haberá persoal de apoio nos puntos de referencia.

Os horarios son orientativos e poden verse alterados por mor de axentes externos, coma tempo adverso ou outras causas alleas á organización

Datos da ruta de sendeirismo

  • Tipo de percorrido: Lineal
  • Distancia: 15,5 km
  • Desnivel acumulado: 30 m
  • Dificultade: Baixa
  • Duración: 4 horas

Recomendacións para as persoas participantes

  • Levar roupa e calzado adecuados para facer sendeirismo, así como elementos para protexerse do sol (gorra, gafas e protector); dependendo das predicións meteorolóxicas, cómpre levar pantalóns longos e roupa de abrigo ou chuvia.
  • Levar comida e auga para a ruta.
  • Prégase puntualidade; as e os participantes deberán estar uns minutos antes da hora de inicio nos puntos de encontro establecidos.
Caiac e sendeirismo polo río Miño, domingo 14 de maio

A actividade comprende unha ruta de sendeirismo entre a desembocadura do río Tamuxe e o porto de Goián, onde tamén se visitará a súa fortaleza. Esta ruta, de 10 km e baixa dificultade, denomínase Senda dos Pescadores. Despois realizarase o tramo inverso en caiac polo río. Ambas as rutas estarán guiadas e interpretadas, e discorren por un lugar natural e cultural de gran beleza.

Datos da actividade

Caiac e sendeirismo pola Senda dos Pescadores
  • Data de realización: Domingo 14 de maio de 2023
  • Apertura de inscricións: O luns anterior ás 9:00 h
  • Peche de inscricións: O xoves anterior ás 15:00 h, salvo por prazas cubertas
  • Tipo de actividade: Caiac e sendeirismo
  • Participantes: Máximo de 60 persoas. Apta para nenas e nenos a partir de 12 anos afeitos a camiñar. É imprescindible saber nadar
  • A actividade inclúe:
    • Ruta de sendeirismo guiada e interpretada
    • Avituallamento a media mañá
    • Comida tipo pícnic
    • Ruta en caiac con guía titulada/o e todo o material
    • Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
  • Non inclúe: Traslados
  • Punto de encontro: Desembocadura do río Tamuxe

Programación da actividade

  • 10:00 h Punto de encontro na desembocadura do río Tamuxe
  • De 10:00 a 13:30 h Ruta de sendeirismo. A organización proporcionará avituallamento durante a ruta e unha comida tipo pícnic ao final do percorrido
  • De 14:00 a 16:00 h Tempo libre para o xantar
  • De 16:30 a 19:00 h Ruta en caiac
  • 19:30 h Fin da actividade
Os horarios son orientativos e poden verse alterados por mor de axentes externos, coma tempo adverso ou outras causas alleas á organización

Datos da ruta de sendeirismo

  • Tipo de percorrido: Lineal
  • Distancia: 10 km
  • Desnivel acumulado: 50 m
  • Dificultade: Baixa

Datos da actividade de caiac

  • Duración:2,5 horas
  • Dificultade:Baixa-media

Recomendacións para as persoas participantes

  • Levar roupa e calzado adecuados para facer sendeirismo, así como elementos para protexerse do sol (gorra, gafas e protector); dependendo das predicións meteorolóxicas, cómpre levar pantalóns longos e roupa de abrigo ou chuvia.
  • Para a actividade de caiac recoméndase levar calzado, traxe de baño e camiseta ou similar que se poida mollar. Antes de empezar esta actividade, poderáselle entregar unha mochila á organización coas cousas que non se queiran levar no caiac, que serán transportadas ao punto de inicio.
  • Aínda que se proporcionará un avituallamento a media mañá e unha comida tipo pícnic, recoméndase levar algo de comida e bebida para a ruta.
  • Prégase puntualidade; as e os participantes deberán estar uns minutos antes da hora de inicio nos puntos de encontro establecidos.
Visita a Melgaço e ao Museo Arabo + rafting no río Miño, sábado 20 de maio
Prazas esgotadas

Realizarase unha visita guiada á poboación de Melgaço e ao Solar do Alvarinho en Portugal, despois visitarase o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea (Museo Arabo), no municipio de Arbo. O xantar será libre pola zona e de tarde gozaremos dun descenso en rafting polo río Miño na zona de Arbo, dirixido pola empresa local Arrepións.

Datos da actividade

Visita a Melgaço e ao Museo Arabo + rafting no río Miño
  • Data de realización: Sábado 20 de maio de 2023
  • Apertura de inscricións: O luns anterior ás 9:00 h - Prazas esgotadas
  • Peche de inscricións: O xoves anterior ás 15:00 h, salvo por prazas cubertas
  • Tipo de actividade: Visita cultural, rafting
  • Participantes: Máximo de 60 persoas. Apta para todos os públicos, e nenas e nenos a partir de 12 anos. É imprescindible saber nadar
  • A actividade inclúe:
    • Visita guiada a Melgaço e ao Museo Arabo
    • Rafting (inclúe todos os permisos, guías especializadas/os e traslados ao inicio do rafting)
    • Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
  • Non inclúe:  Comida e traslados (agás o traslado ao inicio do rafting)
  • Puntos de encontro:Visita a Melgaço:

Programación da actividade

  • 10:00 h Punto de encontro en Melgaço
  • De 10:00 a 12:30 h Visita guiada a Melgaço
  • De 13:00 a 14:15 h Visita ao Museo Arabo de Arbo
  • De 14:30 a 16:30 h Xantar libre pola zona
  • De 16:30 a 20:00 h Rafting
  •  20:30 h Fin da actividade
Os horarios son orientativos e poden verse alterados por mor de axentes externos, coma tempo adverso ou outras causas alleas á organización

Datos da actividade de rafting

  • Duración: 4 horas
  • Dificultade: Media

Recomendacións para as persoas participantes

  • Para o rafting recoméndase levar zapatillas deportivas ou outro calzado similar que se poida mollar, toalla, traxe de baño, útiles para ducharse e roupa para cambiarse.
  • As e os menores deben ir acompañados por unha persoa adulta responsable.
  • Prégase puntualidade; as e os participantes deberán estar uns minutos antes da hora de inicio nos puntos de encontro establecidos.
Sendeirismo en Monção + visita a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño, sábado 27 de maio
Prazas esgotadas

Realizarase unha ruta circular, duns 12 km e dificultade media, que discorre pola zona de Longos Vales de Monção. Ao mediodía as e os participantes poderán xantar nalgún lugar próximo, coma Monção ou Salvaterra de Miño. Pola tarde realizarase unha visita guiada a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño, cunha degustación ao final.

Datos da actividade

Sendeirismo en Monção + visita a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño
  • Data de realización: Sábado 27 de maio de 2023
  • Apertura de inscricións: O luns anterior ás 9:00 h - Prazas esgotadas
  • Peche de inscricións: O xoves anterior ás 15:00 h, salvo por prazas cubertas
  • Tipo de actividade: Sendeirismo, visita cultural e ao museo
  • Participantes: Máximo de 60 persoas. Apta para nenas e nenos a partir de 12 anos afeitos a camiñar
  • A actividade inclúe:
    •  Ruta de sendeirismo guiada e interpretada
    • Visita guiada a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño
    • Avituallamento a media mañá
    • Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
  • Non inclúe:
    • Xantar
    • Traslados
  • Puntos de encontro:

Programación da actividade

  • 10:00 h Punto de inicio xunto á igrexa de Longos Vales
  • De 10:00 a 14:00 h Ruta de Longos Vales (a organización proporcionará un avituallamento durante a ruta)
  • De 14:30 a 16:30 h Xantar libre pola zona
  • De 17:00 a 20:00 h Visita a Salvaterra de Miño e ao Museo da Ciencia do Viño, con degustación
Os horarios son orientativos e poden verse alterados por mor de axentes externos, coma tempo adverso ou outras causas alleas á organización

Datos da ruta de sendeirismo

  • Tipo de percorrido: Circular
  • Distancia: 12 km
  • Desnivel acumulado: 400 m
  • Dificultade: Media

Recomendacións para as persoas participantes

  • Levar roupa e calzado adecuados para facer sendeirismo, así como elementos para protexerse do sol (gorra, gafas e protector); dependendo das predicións meteorolóxicas, cómpre levar pantalóns longos e roupa de abrigo ou chuvia.
  • Levar comida e auga. A organización proporcionará un pequeno avituallamento na metade da ruta, pero o xantar correrá por conta de cada participante.
  • Prégase puntualidade; as e os participantes deberán estar uns minutos antes da hora de inicio nos puntos de encontro establecidos.
Ruta das Cetáreas na Guarda, visita a unha bodega + Santa María de Oia e observación astronómica, sábado 3 de xuño
Prazas esgotadas

Realizarase unha pequena ruta desde A Guarda polo Camiño de Santiago da Costa ata unha cetárea, e ao regreso coñecerase o Museo do Mar. Despois visitarase unha bodega local na que se fará unha degustación. O xantar será libre pola zona e de tarde visitarase o mosteiro de Santa María de Oia e farase unha ruta de sendeirismo, que pasa por el. Para rematar, contemplaranseda Pedreira, onde ao solpor se gozará dunha cea tipo pícnic, proporcionada pola organización, e dunha actividade de observación astronómica.

Datos da actividade

Ruta das Cetáreas na Guarda, visita a unha bodega + Santa María de Oia e observación astronómica
  • Data de realización: Sábado 3 de xuño de 2023
  • Apertura de inscricións: O luns anterior- Prazas esgotadas
  • Peche de inscricións: O xoves anterior ás 15:00 h, salvo por prazas cubertas
  • Tipo de actividade: Visita guiada, sendeirismo, visita a unha bodega e observación astronómica
  • Participantes: Máximo de 60 persoas. Apta para todos os públicos, e nenas e nenos a partir de 12 anos afeitos a camiñar
  • A actividade inclúe:
    • Rutas de sendeirismo guiadas e interpretadas
    • Cea tipo pícnic
    • Visita guiada ao mosteiro de Santa María de Oia
    • Visita a unha bodega, con degustación
    • Actividade de observación astronómica
    • Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
  • Non inclúe:
    • Traslados
    • Xantar
  • Puntos de encontro:

Programación da actividade

  • 10:00 h Punto de encontro xunto ao Museo do Mar da Guarda
  • De 10:00 a 12:00 h Ruta das Cetáreas, Camiño de Santiago pola Costa e visita ao Museo do Mar
  • De 12:30 a 14:00 h Visita a unha bodega da zona, con degustación
  • De 14:30 a 17:00 h Xantar libre pola zona
  • De 17:30 a 18:30 h Visita ao mosteiro de Santa María de Oia
  • De 19:00 a 21:00 h Ruta do Mosteiro
  • De 21:30 a 24:00 h Cena tipo pícnic ao solpor e observación astronómica
Os horarios son orientativos e poden verse alterados por mor de axentes externos, coma tempo adverso ou outras causas alleas á organización

Datos da Ruta das Cetáreas

  • Tipo de percorrido: Lineal
  • Distancia: 6 km
  • Desnivel acumulado: 50 m
  • Dificultade: Baixa

Datos da Ruta do Mosteiro

  • Tipo de percorrido: Circular
  • Distancia: 7,5 km
  • Desnivel acumulado: 300 m
  • Dificultade: Baixa-media

Recomendacións para as persoas participantes

  • Levar roupa e calzado adecuados para facer sendeirismo, así como elementos para protexerse do sol (gorra, gafas e protector); dependendo das predicións meteorolóxicas, cómpre levar pantalóns longos e roupa de abrigo ou chuvia.
  • Para a actividade de astronomía recoméndase levar roupa de abrigo e tamén un saco ou unha manta, xa que pola noite a temperatura adoita baixar bastante, e unha esteira ou similar para poder sentar durante a actividade.
  • Prégase puntualidade; as e os participantes deberán estar uns minutos antes da hora de inicio nos puntos de encontro establecidos.
Visita a Caminha e pequena ruta de sendeirismo + visita ao forte da Ínsua, domingo 4 de xuño
Prazas esgotadas

Realizaranse unha visita cultural aos lugares máis emblemáticos da vila de Caminha e, a continuación, unha pequena ruta de sendeirismo na contorna da praia de Moledo. Finalmente, rematarase cunha visita ao forte da Ínsua, xusto na desembocadura do río Miño entre A Guarda e Caminha, ao que se accederá en barca.

Datos da actividade

Visita a Caminha e pequena ruta de sendeirismo + visita ao forte da Ínsua
  • Data de realización: Domingo 4 de xuño de 2023
  • Apertura de inscricións: O luns anterior - Prazas esgotadas
  • Peche de inscricións: O xoves anterior
  • Tipo de actividade: Sendeirismo, visita cultural
  • Participantes: Máximo de 60 persoas. Apto para nenas e nenos a partir de 12 anos afeitos a camiñar
  • A actividade inclúe:
    • Ruta de sendeirismo guiada e interpretada
    • Avituallamento a media mañá
    • Visita guiada a Caminha e ao forte da Ínsua, con traslado en barca
    • Seguros de responsabilidade civil e de accidentes
  • Non inclúe:
    • Xantar
    • Traslados
  • Punto de encontro: Aparcadoiro do campo de fútbol Morber

Programación da actividade

  • 10:30 h Punto de encontro en Caminha (campo de fútbol Morber)
  • De 11:00 a 14:30 h Visita a Caminha
  • De 14:30 a 16:30 h Xantar libre pola zona
  • De 17:00 a 20:00 h Pequena ruta de sendeirismo e visita ao forte da Ínsua en barca

As e os participantes dividiranse en grupos; a metade fará a visita a Caminha pola mañá e a ruta e a visita ao forte pola tarde, e a outra metade ao revés.

Os horarios son orientativos e poden verse alterados por mor de axentes externos, coma tempo adverso ou outras causas alleas á organización

c) Datos da ruta de sendeirismo

  • Tipo de percorrido: Circular
  • Distancia: 6 km
  • Desnivel acumulado: 30 m
  • Dificultade: Baixa

Recomendacións para as persoas participantes

  • Levar roupa e calzado adecuados para facer sendeirismo, así como elementos para protexerse do sol (gorra, gafas e protector); dependendo das predicións meteorolóxicas, cómpre levar pantalóns longos e roupa de abrigo ou chuvia.
  • Levar comida e auga. A organización proporcionará un pequeno avituallamento a media mañá, pero o xantar correrá por conta de cada participante.
  • Na zona hai varias praias, polo que se recomenda levar roupa de baño para poder gozar delas.
  • Prégase puntualidade; as e os participantes deberán estar uns minutos antes da hora de inicio nos puntos de encontro establecidos.
E tamén...

A programación desta primavera para dar a coñecer o territorio do río Miño complétase con outras actividades:

  • 3 de maio
    • O territorio do Miño para blogueiras e blogueiros  de viaxe
    • Promoción do territorio do Miño con actividades de sendeirismo, degustación de viño na adega Señorío de Rubiós, paseo e xantar en
    • Monção, ruta guiada pola ciclovía ata Valença, visita á torre de Lapela e outra guiada ao forte da Ínsua en Caminha.
    • Con convite
  • 4 de maio
    • Esencia do Miño. Gastronomía e viños
    • O chef António Loureiro, do restaurante A Cozinha (Guimarães), e a chef Lucía Freitas, da Tafona (Santiago de Compostela),
    • desenvolverán un menú a catro mans maridado cos mellores viños da rexión do Miño.
    • Finca da Rocha. Santiago de Compostela
    • Con convite
    • Organiza o CIM Alto Minho
  • 7 de maio
    • Esencia do Miño. Música
    • Concerto a catro mans do músico portugués Daniel Pereira e do cantautor galego Xabier Díaz, que farán que o público viaxe polos sons máis tradicionais de ambos os territorios.
    • Sala Capitol. Santiago de Compostela. 19:00 horas
    • Aberto ao público (5€ por persoa)
    • Organiza o CIM Alto Minho
  • 17 de xuño
    • Minho Wine Experience. Ruta ciclista enolóxica transfronteiriza.
    • Percorrido de 83 quilómetros por Melgaço, Arbo, As Neves, Monção, Tui, Tomiño e Caminha, con parada e degustación nas principais adegas da zona.
    • Para asociacións e clubs ciclistas.
    • Organiza o AECT Rio Minho
  • 24 de xuño
    • Minho Wine Experience. Ruta ciclista enolóxica transfronteiriza.
    • Percorrido de 81 quilómetros por Crecente, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Valença, Vila Nova de Cerveira, O Rosal e A Guarda, con parada e degustación nas principais adegas da zona.
    • Para asociacións e clubs ciclistas.
    • Organiza o AECT Rio Minho

Noticias relacionadas

 
		As actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ rematan esta fin de semana cun éxito absoluto de participación

As actividades ecoturísticas ‘Vive o Rio Minho’ rematan esta fin de semana cun éxito absoluto de participación

As visitas a A Guardia e Oia e a Caminha, cun traxecto en barco ata o Forte da Ínsua, centran as propostas deste sábado e domingo

 
		Esgotadas de novo en apenas minutos as prazas para facer rafting no Miño este sábado dentro do programa de ecoturismo ‘Vive o Rio Minho’

Esgotadas de novo en apenas minutos as prazas para facer rafting no Miño este sábado dentro do programa de ecoturismo ‘Vive o Rio Minho’

As persoas participantes coñecerán o ‘Rio Minho’ como destino e marca turística gozando tamén de actividades culturais

 
		Esgotadas en dez minutos as prazas das actividades de sendeirismo e caiac deste domingo dentro do programa de ecoturismo ‘Vive o Rio Minho’

Esgotadas en dez minutos as prazas das actividades de sendeirismo e caiac deste domingo dentro do programa de ecoturismo ‘Vive o Rio Minho’

As persoas participantes realizarán unha ruta de sendeirismo pola chamada Senda dos Pescadores entre O Rosal e Tomiño e o percorrido inverso en caiac polo Miño

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 5 resultados.