#INFORMECERO

Xornada Lingua de Signos Galega

Análise preliminar para a revitalización da lingua de signos galega

Sábado 26 de novembro de 2022

Deputación de Pontevedra

Segue a xornada en directo

A Deputación de Pontevedra está a traballar no recoñecemento oficial da lingua de signos galega (LSG), unha lingua aínda non legalmente identificada no Estado español, onde polo de agora só teñen esa categoría a española e a catalá.


Coa oficialización da LSG cumpriranse dous obxectivos primordiais: por unha banda, recuperar a identidade propia da comunidade xorda e con diversidade sensorial do noso país, e, por outra, suplir a carencia na formación en lingua oral galega que hai para esas persoas.

A Deputación de Pontevedra encargou fai máis dun ano unha investigación sobre o estado da LSG, xa que entre as súas obrigas está a de defender os dereitos lingüísticos de toda a cidadanía.

O Informe cero acaba de confirmar que a LSG existe, é unha realidade lingüística e non hai que creala, mais destaca que a necesidade agora é recompoñela, recoller o que queda dela antes de que desaparezan as súas e os seus informantes e revitalizala.

O documento presentaráselle ao público nunha xornada da man da Real Academia Galega o vindeiro 26 de novembro de 9:45 a 14:00 horas no Pazo provincial.

PROGRAMA

Moderadora Selina Otero, xornalista

9:45 h Apertura da xornada a cargo das autoridades

  • Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
  • María Ortega Iñarrea, deputada de Lingua da Deputación Provincial de Pontevedra
  • Víctor Fernández Freixanes, presidente da Real Academia Galega (RAG)
  • María Jesús Monterde García, presidenta de Xoga e secretaria de FESOCE

10:00 h “As linguas de signos”

  • Inmaculada Concepción Báez Montero, doutora en Filoloxía Hispánica, profesora titular do Departamento de Lingua Española e investigadora principal do Grupo Griles da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo

10:45 h “A lingua de signos galega?”

  • Cristina González Abelaira, doutora en Lingüística Aplicada e profesora de secundaria

11:30 h “A lingua de signos galega na vida diaria”

  • Familia Vázquez

11:45 h Pausa para o café

12:15 h Presentación do Informe cero

“Análise preliminar para a revitalización da lingua de signos galega”

  • Carlos Manuel Varela Ulla, investigador principal do Informe cero
  • José M.ª Pazos Abad, coordinador do Informe cero

13:15 h “O proceso da lingua de signos catalá”

  • Ricard López Manzano, presidente da Federación Española de Xordocegueira (FESOCE)
  • Santiago Frigola Segimon, profesor da universidade catalá especializado na difusión da lingua de signos catalá

Noticias relacionadas

 
		Deputación e Real Academia Galega celebran este sábado unhas xornadas para revitalizar a Lingua de Signos Galega

Deputación e Real Academia Galega celebran este sábado unhas xornadas para revitalizar a Lingua de Signos Galega

Debaterase sobre o ‘Informe Cero’ elaborado por Xoga sobre o que se queren sentar as bases da oficialización da LSG