A provincia que queres é sostible
Pontevedra loita contra o cambio climático
Estamos nunha situación de emerxencia climática. Unha das cuestións máis urxentes que ten a nosa sociedade é a necesaria resposta ante o imparable cambio climático, e a Deputación de Pontevedra asumiu como prioritario contribuír a este gran reto global con proxectos concretos en favor dunha mobilidade sostible, unha maior eficiencia enerxética e un comercio de proximidade que reduza as emisións contaminantes.
A institución provincial conta cunha axenda ambiental propia para os próximos catro anos. Converteu a transición ecolóxica en obxectivo transversal da acción do Goberno e traballa a diario coa mirada posta en mellorar a calidade de vida da veciñanza a través da implantación dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) de Nacións Unidas.
Administracións públicas e particulares debemos aliarnos para garantir o futuro do planeta. Por este motivo, no Pazo provincial trabállase nunha dobre dirección: promóvese unha economía máis innovadora e eficiente e renóvase a iluminación pública dos concellos ao tempo que se desenvolven programas de sensibilización para que a mocidade se sume a este desafío inaprazable no que todas e todos somos necesarios.
Coidar o planeta é unha obriga que ademais traerá beneficios para a saúde, a economía e o benestar social. A Deputación traballa para construír cidades máis amables e accesibles, corrixir os desequilibrios internos e promover actividades económicas máis sostibles e responsables co noso patrimonio natural.
Se a provincia que queres é sostible, súmate a este gran reto apaixonante no que está en xogo o futuro do planeta e o noso benestar.
2020
-
Concurso Reacción polo Clima
O concurso Reacción polo Clima, que ten como finalidade promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais e, deste xeito, potenciar o talento da mocidade e amosa...
-
Axenda 2030
A Axenda 2030 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) son un referente ético e operativo que debe inspirar a acción de todos os gobernos e da propia cidadanía. A Asemblea Xeral das Naci...
2019
-
A Depo presente no Cume do Clima
A Deputación de Pontevedra terá unha participación activa no cume do clima en Madrid
-
Semana Mundial de Acción polo Clima
A Deputación celebra a Semana Mundial de Acción polo Clima con actividades para concienciar contra a situación de emerxencia climática