Cooperación transfronteiriza

AECT Río Miño

A nova AECT Río Miño é unha entidade con personalidade xurídica que permite optar a fondos europeos e xestionalos, así como promover e organizar accións de cooperación no territorio de forma directa.

Os dous socios principais da AECT son a Deputación de Pontevedra e a CIM Alto Minho, que reúnen 16 concellos pontevedreses (A Guarda, O Rosal, Oia, Tomiño, Tui, O Porriño, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miñoo, Ponteareas, As Neves, Mondariz, Mondariz-Balneario, Arbo, Crecente, A Cañiza e Covelo) e outros dez do norte de Portugal. En total abranguen 3.312 quilómetros cadrados de territorio e 375.995 habitantes. 

En canto ao organigrama, a nova AECT está formada por unha asemblea e un órgano executivo. A dirección é un organismo unipersoal rotatorio que ocupan representantes de Pontevedra e Portugal cada dous anos, ao igual que acontece coa vicedirección. Actualmente a dirección recae no deputado de Cooperación Transfronteiriza, Uxío Benítez. Tamén hai un consello coordinador, formado por membros das dúas partes, que será o encargado do asesoramento á dirección e da xestión do día a día. Finalmente, hai un consello consultivo aberto no que se organizan foros específicos nos que poden participar persoas expertas en diferentes materias segundo as necesidades. 

Descargas

Vídeos

Acto de constitución da nova AECT Río Miño