Árbores senlleiras

Novas relacionadas

CEDROS DO HIMALAIA dos xardíns de Vincenti

Cedros
  • Especie: Cedrus deodara (D.Don) G.Don
  • Familia: Pinaceae
  • Localizacion natural: Australia, Malaisia e Polinesia
  • Idade: 100 anos
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Pontevedra
  • Coordenadas: 42.429861, -8.646887
  •  
  • Propietaria/o: Concello de Pontevedra
  • Historia
  • Os xardíns de Vincenti, xunto coa Alameda e o paseo das Palmeiras, forman un gran espazo verde no centro da cidade de Pontevedra.

    O conxunto conforma o típico espazo urbano de principios do século XX, cando se derruíron os muros da cidade e se produciu unha expansión urbana fóra dos seus límites. Os tres cedros proceden do período da creación do xardín na primeira década do século XX.

  • Entorno
  • Nos xardíns de Vincenti crecen especies arbóreas de gran presenza coma palmeiras, magnolias, cedros do Líbano, acivros e teixos. Xunto con pequenos xardíns mestúrase unha zona de xogos infantís e un estanque de aves.

    Dous dos cedros están fronte ao edificio da Comandancia de Marina e o outro tras o Pazo da Deputación.

Localización