Xornada: As Mulleres e os Efectos da COVID-19 na Galicia Rural
Lugar de realización: Deputación de Pontevedra
Formato: Mesa redonda, emisión a través das redes sociais en streaming
Data: Mércores 28 de outubro
Hora: 11 horas
Participantes:
- Carmela Silva Rego, presidenta da Deputación de Pontevedra
- Patricia Rodríguez González, socia da Asociación de Cultivos do Baixo Miño, acuBam
- Mari Luz García Barreiro, produtora de vacún de carne da raza Rubia Galega de Nigoi, A Estrada
- Teresa Domínguez Pérez, directora do Colexio Rural Agrupado de Tui
- Rosa Arcos Caamaño, presidenta de FADEMUR Galicia
Relatoras




Mari Luz García Barreiro (Mari)

Na idea de Mari non estivo nunca dedicarse á gandería, de feito estudou Perruquería. Casou nova e emigrou coa súa parella a Alemaña, onde traballou na hostalería e tamén nunha residencia de maiores.
Cando naceu o seu primeiro fillo (posteriormente tiveron una nena) decidiron volver á Estrada. Todo comezou cando compraron un cabalo para pacer nos predios de arredor da casa e logo para que non estivese só comezou a compra de vacas, sempre rubia galega.
Durante un tempo non puideron darse de alta porque o número de cabezas de gando e a superficie que tiñan non llo permitía.
Pouco a pouco foron chegando a acordos coa veciñanza para que lles cedesen as terras e as pacesen as vacas, ata que no ano 2016 xuntaron a base suficiente e se deron de alta. Hoxe teñen 31 cabezas de gando selecto de rubia galega.
Fan a comercialización de xeito directo, é dicir, véndenlle directamente ás persoas consumidoras finais.
Ademais teñen un pequeno rabaño de ovellas e tamén comercializan os años directamente.
Teresa Domínguez Pérez

Breve currículo:
- Doutora en Psicopedagoxía con premio extraordinario de tese
- Premio Nacional de Educación á carreira docente no ano 2017
- Profesora asociada da Universidade de Vigo ata agosto de 2020
- Orientadora e directora do CRA Mestra Clara Torres de Tui
- Docente en cursos de formación do profesorado
- Docente en cursos, seminarios e xornadas
- Colaboradora en Radiovoz e na Radio Municipal de Tui
Rosa Arcos Caamaño

Defínome como unha feminista militante do activismo social e do asociacionismo, sempre busco que facer, como axudar e como traballar a favor da igualdade e das mulleres do rural.
- Directora dos proxectos de cooperación "Bolivia sementando futuro" e "Bolivia, continúa a medrar" en colaboración con Solidaridade Internacional (2004-2006)
- Directora do proxecto ECOMUDES "Muller, medio ambiente e desenvolvemento rural", da Fundación Biodiversidad (2009-2010)
- Organización e dirección dos Encontros de Mulleres Emprendedoras do Medio Rural (Lugo, do 2009 ao 2015), Rural Week 2015 (Lugo) e Rural Tour 2016 (Lugo e A Coruña)
- Promotora da marca Rural Muller denominada "O leite feminista"
-
Dirección da enquisa-estudo "As mulleres rurais ante a violencia de xénero", realizada en 2017 a preto de 2.000 mulleres
-
Deseño e dirección de proxectos destinados a loitar contra a violencia de xénero no eido rural:
- "Axexando xanelas". Ferramenta para loitar contra a violencia de xénero no rural
- "Fiestras". Para visibilizar a violencia de xénero no rural
- "Aliadas sororas". Formando e apoderando ás mulleres, tecendo redes de mulleres para loitar contra a violencia de xénero no rural
- "Cultivando igualdade". Rede de espazos seguros contra a violencia de xénero no medio rural
-
Deseño e dirección de proxectos destinados a loitar contra a violencia de xénero no eido rural:
-
Organización e dirección de accións formativas para promover a participación social e a empregabilidade das mulleres no rural:
- REDMUR. Rede de emprendemento de mulleres rurais
- RURALTIVITY. Lanzadeira de emprego para mulleres do mundo rural
- StartUp´s rurais. Plataforma de impulso para iniciativas de emprego para o mundo rural
-
Cooperativas de servizos de proximidade para o ámbito rural:
- Atención a persoas maiores no ámbito doméstico
- Comidas a domicilio
- Dinamización sociocultural no ámbito rural
- Envellecemento activo para mulleres do rural
- Alfabetización dixital para mulleres maiores do ámbito rural, socialización en novas tecnoloxías usando as TIC
- Comercialización en liña de produtos artesáns
- Comercialización en liña de produtos agroalimentarios
- Uso das redes sociais para posicionar o noso negocio rural
- Promoción de produtos do rural nos grupos de consumo
- Emprendemento en feminino no eido rural
- Apoderamento e participación social das mulleres rurais
Patricia Rodríguez

Naceu en 1982. É titulada pola Universidade Politécnica de Lugo en Enxeñería Agrónoma.
Logo de rematar a carreira, durante 2 anos exerceu como técnica en asesoramento a produtoras e produtores contratada por unha empresa de servizos.
En 2007 presenta un proxecto de emprendemento e continúa coa empresa familiar de produción de flor cortada e froita (kiwi), ampliando a superficie cuberta de produción e iniciando a comercialización directa.
Durante estes anos traballa pola mellora do sector do agro, pola súa posta en valor e polo recoñecemento do traballo agrario como unha oportunidade de vida de calidade. Durante 8 anos forma parte da directiva de acuBam, asociación de cultivos do Baixo Miño, que representa os sectores agrícolas da comarca. Tras ser durante os últimos 4 anos a presidenta da asociación decide neste 2020 non continuar pola complicada situación persoal na que a sitúa esta crise sanitaria que estamos sufrindo.
Defínese como unha traballadora en favor do agro e do recoñecemento de todos os beneficios que ten para o conxunto da sociedade, amante da natureza e soñadora dun futuro agrario mellor.
Última modificación: venres, 23 outubro 2020