Aviventa Cultura

 

 

"Aviventa cultura. Cultura para coller alento"

A Deputación de Pontevedra lanza a súa programación cultural para o 2021, cun investimento de preto de 2,8 millóns de euros, para"aviventar o sector na provincia. Esta achega, que non inclúe os preto de dez millóns de euros destinados ao Museo de Pontevedra e ás actividades culturais que se promoven desde os distintos servizos da institución, converte a Deputación nun referente cultural en toda Galicia e permitirá apoiar as persoas que fan posible a cultura e participan dela.

"Aviventa cultura. Cultura para coller alento" comprende unha ampla serie de actividades relacionadas coa música, co patrimonio, co teatro, coa escrita, co cinema, coa lingua, coa arte, coa artesanía coa historia que a Deputación espallará por todos os concellos da provincia.

A  programación responde os obxectivos de democratizar a cultura e de estendela a todos os espazos da provincia de Pontevedra, alzar o sector profesional, recuperar a presenza da cultura na sociedade e na economía, facer cultura nas rúas, alimentar a confianza do público e sentir a cultura ao vivo partindo, ademais, dos 17 ODS da Axenda 2030.

Programación

AVIVENTA O TECIDO ASOCIATIVO E PROFESIONAL: PROGRAMAS ASENTADOS

AVIVENTA MÚSICA

  • Música no Ar: ciclo de concertos de música clásico-contemporánea nos espazos patrimoniais dos concellos da provincia. Cubriremos de música o patrimonio de todas as comarcas cunha mestura de estilos e instrumentos desde a vertente clásica ata a experimentación e os sons contemporáneos
  • Festivais Rías Baixas Fest: apoiamos os circuítos das sete citas musicais imprescindibles da provincia: unha mestura de cultura, turismo, paisaxe e gastronomía
  • "Descúbreas": programa de visibilización das mulleres da música e de apoio ás rapazas que inician a súa carreira profesional

AVIVENTA PATRIMONIO

  • "Tras as ameas": programación cultural nos castelos de Soutomaior e Sobroso de xuño a outubro, cunha morea de cores e historias para familias
  • Historias Cavadas: visitas escenificadas aos castros musealizados da provincia de Pontevedra para afondar no noso pasado e transmitírllelo ás xeracións do futuro
  • Rutas de Arquitectura: percorridos por varias comarcas da provincia guiados por profesionais para compartir experiencias e coñecemento a través dos edificios e das construcións máis senlleiras
  • Musealización do castelo de Sobroso: modernización e posta en valor do castelo como ben do patrimonio histórico cultural

AVIVENTA TEATRO

  • "Tornar ás táboas": aposta polas artes escénicas e as compañías profesionais da provincia. Unha programación específica de teatro para encamiñar unha volta aos espazos culturais dos 51 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes

AVIVENTA ESCRITA

  • Escola de Letras: segunda edición da Escola na que recoñecidas mestras e mestres do panorama literario galego imparten diferentes obradoiros creativos nas sedes de Vigo e Pontevedra
  • Roteiros Literarios: percorridos polos concellos da provincia guiados polas autoras e autores galegos de novela, poesía e teatro. Novos xéneros literarios levados aos escenarios reais

AVIVENTA CINEMA

  • Rías Baixas Film Fest: promovemos os festivais da provincia e aglutinámolos baixo unha marca de identidade corporativa coa que lanzar unha campaña de difusión con varias accións:
    • "A Depo en ruta polos festivais": presenza institucional para interactuar co público
    • "De feira en feira": participación  en feiras, eventos e citas da cultura e do turismo
    • "Que non che conten a película!": campaña con vídeos curtos polas redes
    • #EuSonRíasBaixasFilmFest: testemuña do público que vive os festivais
  • "Pontevedra, plató de cinema": patrocinio de producións audiovisuais que contribúen a realizar unha excelente promoción cultural e turística da provincia apostando pola consolidación da nosa industria audiovisual e do noso talento
    • Xa nas salas!: Devolvendo o golpe, Negro púrpura, 9 fugas, Nación e Ons

AVIVENTA A NOSA LINGUA

Accións para festexar e promocionar a lingua máis alá do  Día das Letras Galegas:

  • Actividade multidisciplinar polo Día das Letras Galegas arredor da figura de Xela Arias cunha forte presenza das mulleres: música, audiovisual, literatura para interactuar con todo tipo de público
  • "Lebres coma gacelas": mostra homenaxe a Xela Arias na que dialogan fotografía e poesía
  • "Xela Arias. A poesía do retrato": mostra no Museo Verbum sobre a escritora
  • Concurso creativo para difundir a figura de Xela Arias entre a mocidade
  • Merca de libros a editoriais galegas para difundir a vida e obra das nosas autoras e autores

AVIVENTA ARTE, ARTESANÍA E HISTORIA: EXPOSICIÓN ITINERANTES

  • "Tecendo a natureza. Enrique Táboas": mostra de cestería tradicional en madeira
  • "Vento nas velas": exposición para exterior con fotografías de embarcacións
  • "O imaxinario do país. Letras de magnesio": retratos das escritoras e escritores do país realizados por Anxo Cabada
  • "Cines de Pontevedra. Memorias dunha ilusión": mostra sobre os cines da provincia e o mundo de ilusión que crearon ao seu redor

AVIVENTA NAS DATAS CULTURAIS

AVIVENTA A COMUNIDADE CULTURAL

AVIVENTA O COIDADO DA NOSA CULTURA

Colaboración coas entidades que promocionan a cultura vencellada á provincia de Pontevedra:

FACEMOS CULTURA DESDE OUTROS SERVIZOS

  • Apoio á dinamización da lingua co fin de potenciar o uso do noso idioma nas actividades que organicen os concellos e as entidades sociais
  • Aposta pola creación, mantemento e reforzo dos servizos de normalización lingüística dos concellos
  • Colaboración para a publicación en formato papel e edicións audiovisuais, mixtas e noutros formatos especiais coma braille de traballos en lingua galega
  • Aposta pola recuperación e posta en valor do patrimonio marítimo fluvial na provincia de Pontevedra
  • Aposta pola recuperación e a rehabilitación do patrimonio histórico-cultural da provincia
  • Musealización dos xacementos da Subidá, en Marín; Toiriz, en Silleda; e Alobre, en Vilagarcía de Arousa, dentro do marco do proxecto de posta en valor dos xacementos galaico-romanos da provincia de Pontevedra
  • Desenvolvemento de contidos de divulgación e pedagóxicos dos xacementos musealizados
  • Posta en valor do patrimonio da Idade de Ferro da provincia en colaboración co CSIC
  • Apoio aos eventos con recoñecemento internacional do patrimonio inmaterial
  • Promoción cultural desenvolvida desde o Museo de Pontevedra
  • Certame Novos Valores de Artes Plásticas, para impulsar as e os artistas galegos ou que residan en Galicia (persoas dedicadas á pintura, escultura, fotografía, cerámica, deseño e gravado)
  • Premios Provinciais á Xuventude, co ánimo de promover o talento e o potencial das mozas e mozos da nosa provincia
  • "DepoRúARTE", actividades educativas e de lecer, que reforcen a conciencia pública do colectivo xuvenil da provincia de Pontevedra e lles ofrezan un espazo de encontro cultural
  • "Mulleres en acción. Violencia zero": proxecto de acción artística co fin de reivindicar a igualdade de xénero

Vídeos

AVIVENTA CULTURA