Aviventa Deporte

Aviventa o Deporte

Baixo o lema "Aviventa o deporte", a Deputación de Pontevedra segue a impulsar a práctica deportiva como un dos seus eixes fundamentais de actuación. Cunha programación deportiva e sostible o ente provincial ten preparada unha chea de actividades que pasarán por todas as comarcas e por diversos concellos da provincia de Pontevedra, coma as Depo Andainas, as DepoRutas BTT, Depo Orienta e Depo Auga, a novidade para este verán.

Ademais, crease unha liña específica de bolsas destinada a apoiar as e os deportistas olímpicos da provincia clasificados para competir nos Xogos de Tokio. A Deputación de Pontevedra repartirá un total de 75.000 euros entre todas as persoas que finalmente se clasifiquen para as olimpíadas.

Así mesmo, poñerase en valor as e os 219 deportistas aos que se lles recoñece coa marca provincial nas categorías de DepoDan, ás e aos 169 Deportistas de Alto Nivel e ás e aos 50 Depo Promesas.

Obxectivos

  • Impulsar o deporte como novo modelo para a cidadanía do século XXI
  • Liderar o traballo entre administracións no ámbito do deporte
  • Apostar polo tecido asociativo no ámbito do deporte
  • Reforzar o deporte e a actividade física en idade escolar

PROGRAMACIÓN 2021

"AVIVENTA" O DEPORTE ASOCIATIVO

Colaboración coas entidades deportivas sen ánimo de lucro da provincia para:

  • Apoiar as entidades deportivas nas diferentes competicións
  • Fomentar o deporte de base
  • Apostar por un deporte máis igualitario

Liñas de colaboración:

"AVIVENTA" O DEPORTE ESCOLAR

Depo Escolasprograma de colaboración coas federacións deportivas para contribuír ao desenvolvemento e ao fomento da actividade deportiva en idade escolar na provincia para:

  • Fomentar o deporte en idade escolar
  • Impulsar estilos de vida sans entre as e os máis pequenos
  • Inculcar os valores do deporte

Modalidades:

  • Atletismo
  • Baloncesto
  • Balonmán
  • Judo
  • Loita
  • Patinaxe
  • Piragüismo
  • Taekwondo
  • Rugby

"AVIVENTA" O DEPORTE DE ALTO NIVEL

Aposta por unha marca propia para as e os deportistas de alto nivel co fin de:

  • Apostar polas e polos deportistas de alto nivel coa marca depoDan
  • Apostar polas promesas do deporte coa marca depoPromesas
  • Apostar polas e polos olímpicos coa marca Depo_Olímpicos
  • Liderar a igualdade no deporte
  • Axudar a deportistas de alto nivel e ás e aos olímpicos da provincia de Pontevedra

"AVIVENTA" OS CAMPIONATOS E EVENTOS DEPORTIVOS

Apoio para a organización de campionatos e eventos deportivos polas entidades deportivas da provincia sen ánimo de lucro

  • LIÑA 1: campionatos ou copas de España, de Europa ou do mundo
  • LIÑA 2: campionatos ou eventos deportivos

Plan de patrocinio deportivo aos campionatos ou eventos deportivos da provincia

Impulso do programa DepoComparte para:

  • Colaborar cos diferentes axentes do deporte
  • Promover unha programación deportiva anual
  • Impulsar o turismo deportivo da provincia

"AVIVENTA" OS NOSOS PROPIOS PROXECTOS DEPORTIVOS

  • Depo Andainas: vive a natureza percorrendo rutas de sendeirismo por diferentes recunchos da provincia de Pontevedra
  • DepoRutas BTT: vive experiencias únicas pedaleando por diferentes rutas de montaña; a mellor forma de explorar, sentir e respirar a natureza e o aire da nosa provincia
  • Depo Orienta: vive a natureza e explora unha nova modalidade deportiva en familia ou coas amizades, a orientación
  • Depo Auga: sinte a nosa auga cunha experiencia única de pádel surf ou caiac

Última modificación: xoves, 22 xullo 2021