Imaxe representativa do tema Benestar

Axudas básicas de emerxencia 2019

As axudas de emerxencia básicas da Deputación de Pontevedra xorden co obxectivo de lles proporcionar aos concellos de menos de 20.000 habitantes apoio económico, de maneira excepcional e extraordinaria, para poderen atender as demandas de urxente e puntual necesidade das veciñas e veciños do concello que se atopen en situación ou risco de exclusión social.

Poderán ser beneficiarias as persoas maiores de idade empadroadas en calquera dos municipios de menos de 20.000 habitantes da provincia de Pontevedra, que xestionen a súa demanda a través dos servizos sociais comunitarios municipais do seu concello e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda.

Darase prioridade a cubrir as necesidades de familias con menores ao seu cargo que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal).

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación das bases e do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

Formularios de Xustificación

O prazo de xustificación remata o 28 de febrero de 2020 (inclusive)

Subvencións concedidas 2019

Última modificación: mércores, 04 decembro 2019