Axenda de actividades provinciais

Exposición "Natureza alterada"

Desde 2023-01-25 00:00:00.0 ata 2023-03-03 23:59:00.0
Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo
Exposición Natureza Alterada

En “Natureza alterada” Alberto Pena presenta a súa liña de traballo máis recente, nesta ocasión cun formato máis doméstico. Estes monotipos fusionan a pintura de Alberto coa imprenta, facendo referencia ás artes gráficas, das que o artista toma prestadas as dimensións estandarizadas dos carteis, aínda que no seu caso co liño como soporte.

Información

Do 25 de xaneiro ao 3 de marzo de 2023

Inauguración o mércores 25 de xaneiro ás 19:00 horas

Coa actuación en directo do dúo instrumental de clarinete (Virginia Lis) e viola (Mario Diz), en diálogo con danza contemporánea (Maria Vázquez)

Confirmación de asistencia en participa.cultura@depo.es

Máis información