Axenda de actividades provinciais

Presentación do libro Auga Nómade

2022-09-24 11:30:00.0
Illa de Medal. Ponte Sampaio. Pontevedra
Libro Auga Nómade

A Editorial da Deputación de Pontevedra presenta este sábado o segundo libro da súa nova serie de poesía feita por mulleres baixo o nome de Colección Medal. O ciclo de publicacións sumará o título "Auga Nómade" de Eva Veiga.

Información

A entrada á presentación de ‘Auga Nómade’ da Colección Medal é libre e de balde, mais por cuestións organizativas (repartiranse exemplares e haberá un pequeno petisco)  é preciso confirmar asistencia no correo vicepresidencia@depo.gal.

Máis información