Axenda de actividades provinciais

ROMPE E XOGA EN IGUALDADE - MARÍN

Desde 2022-05-25 14:00:00.0 ata 2022-07-02 23:59:00.0
Casa do Concello. Marín
ROMPE E XOGA EN IGUALDADE

Con esta proposta queremos reivindicar a igualdade entre homes e mulleres e a concienciación social visualizando a posición de asimetría e discriminación da muller nas distintas sociedades, xerme da violencia machista.

Información

Trátase dunha exposición de poesía visual na que o obxecto fala por si mesmo precisando apenas un texto explicativo. As bonecas elixidas para o proxecto interviñéronse para amosar situacións de desigualdade, violencia e discriminación e recalcar a importancia do xogo na educación e a formación de nenas e nenos así como na transmisión de valores. 

 

Máis información