Axenda de actividades provinciais
Sombras Atlánticas. Retrato da Arte Galega. Fotografías de Anxo Cabada
Desde
2022-11-04 00:00:00.0
ata
2023-01-15 23:59:00.0
Edificio Castelao. Museo de Pontevedra
A exposición reúne retratos en branco e negro de 34 artistas de distintas xeracións, modalidades artísticas e territorios, todas e todos con nacemento ou residencia en Galicia. As fotografías foron tomadas co mesmo pano de fondo, como un escenario teatral que homenaxea aos primeiros fotógrafos e que serve para dar coherencia ao conxunto de imaxes da exposición, que se relacionan entre si.
Información
Do 4 de novembro de 2022 ata o 15 de xaneiro de 2023
De martes a sábados: de 10:00 a 21:00 h
Domingos e festivos: de 11:00 a 14:00 h
Pechado os luns e os días 1 e 6 de xaneiro e 24, 25, 31 de decembro