#CULTURA

“Tras as ameas”

Un programa cultural para vivir experiencias entre muros de historia!

Este programa cultural e familiar reúne cada verán centos de persoas que acoden aos nosos castelos con moitas ganas de vivir experiencias únicas.


Así, a Deputación de Pontevedra volve apostar pola dinamización dos espazos de Soutomaior e Sobroso cunha ampla e diversa oferta de actividades inspiradoras dirixidas a todos os públicos.

En 2023 apostamos por unha cultura cos pés na terra para recuperar espazos de encontro dun xeito accesible e participativo para todas e todos. Co programa “Tras as ameas” convidaremos o público a eses espazos máxicos e históricos que son parte do noso patrimonio provincial para mirar cunha ampla perspectiva ao máis alto e máis alá dos seus muros, e poder cumprir con citas coma obradoiros, concertos nos xardíns ou espectáculos escénicos que compartirán como grandes premisas a maxia, o circo e a cor. Un programa cheo de imaxinación co que o público de todas as idades, especialmente o máis novo, poderá achegarse con curiosidade e moito ánimo para vivir todo o que vai acontecer tras as ameas dos castelos de Soutomaior e Sobroso.

*As actividades no castelo de Soutomaior serán no xardín, salvo se chove, que se trasladarán á carpa ou ao interior
*As actividades no castelo de Sobroso serán na zona do merendeiro, agás as de Noite no castelo

27
xuño

Noite no castelo

Javier Otero Neira e Rut Balbís. Escoitando o silencio (Silentsystem)

21 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas

Concerto incluído tamén como Música no Ar

04
xullo

Creando no xardín

Taller Abierto. Re-coñecendo o Castelo: Obradoiro de Arquitectura

18 h
Castelo de Sobroso
Prazas esgotadas
06
xullo

Creando no xardín

Taller Abierto. Explorando a Paisaxe: Obradoiro de Natureza e Creatividade

18 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
13
xullo

Nin príncipes nin princesas

A Cova das Letras. Frida

19 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
18
xullo

Noite no castelo

Caldo. María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita)

22 h
Castelo de Sobroso (diante da fachada)
Prazas esgotadas
20
xullo

Entre muros de maxia!

Mago Teto. Rock ‘n’ Magic

19 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
27
xullo

O teatro vén de visita

Inventi Teatro. As palabras perdidas

19 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
01
agosto

Música con historia

Golfiños. Silforiña

19 h
Castelo de Sobroso
Prazas esgotadas
03
agosto

Vaia circo este castelo!

SU.MA. Glamping

19 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
10
agosto

Música con historia

Mamá Cabra. Paxaro amigo. Músicas para a paz

19 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
17
agosto

Vaia circo este castelo!

Nauta. Nino & Mambrú

19 h
Castelo de Soutomaior
Prazas esgotadas
22
agosto

Entre muros de maxia!

Fran Rei. Superheroe

19 h
Castelo de Sobroso
Prazas esgotadas
29
agosto

Nin príncipes nin princesas

Xarope Tulú. Lingoreteira

19 h
Castelo de Sobroso
Prazas esgotadas
— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 17 resultados.