#MEDIONATURAL

Concurso Reacción polo Clima

Loita contra o cambio climático

A Deputación de Pontevedra promove a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais da mocidade da provincia


A Deputación de Pontevedra lanza unha nova edición do Concurso Reacción polo Clima, unha iniciativa que promove a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais froito do enorme talento da mocidade da provincia. O proxecto está destinado a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos.

A Deputación de Pontevedra pon en marcha unha nova edición do Concurso Reacción polo Clima, unha iniciativa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude que busca promover a loita contra o cambio climático a través de manifestacións artísticas visuais realizadas pola mocidade da provincia.
Este proxecto está destinado a mozas e mozos de entre 16 e 30 anos. A duración máxima das pezas será de dous minutos e medio e a institución repartirá 4.000 euros entre os tres mellores traballos.

As persoas interesadas en participar poden presentar as súas solicitudes durante un prazo de dos meses contados a partir do día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).

Para calquera aclaración sobre o contido das bases poden dirixir a súa consulta ao seguinte enderezo electrónico: cohesionsocialxuventude@depo.gal

Persoas destinatarias

Poderán optar a estes premios as persoas físicas e xurídicas que cumpran os seguintes requisitos:

  • Persoas físicas
    • Ter unha idade comprendida entre os 16 e os 30 anos na data de presentación da solicitude
    • Estar empadroadas en calquera dos concellos da provincia de Pontevedra
  • Persoas xurídicas
    • Ser  entidades sen ánimo de lucro que teñan a súa sede social na provincia de Pontevedra
    • Que polo menos o 50 % das persoas administradoras ou membros da xunta directiva sexan persoas físicas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos
Premios e formato

Os premios convocados están dotados cun importe de catro mil (4.000,00) euros:

  • Primeiro premio: 2.400,00 euros
  • Segundo premio: 1.000,00 euros
  • Terceiro premio: 600,00 euros

 Os traballos serán en formato audiovisual, e admitirase calquera tipoloxía empregada pola mocidade nas redes sociais ou medios de difusión de natureza similar (por exemplo, Instagram, TikTok, Youtube etc.).

 A duración máxima do vídeo será de dous minutos e medio.

Vídeos premiados edición 2020

Ligazóns de interese

ODS NOS QUE TEN IMPACTO