#TURISMO

Centro Provincial de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico

CXCA

O Centro de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (CXCA) da Deputación de Pontevedra ten como finalidade contribuír a afondar e mellorar o coñecemento arqueolóxico dos restos atopados en Galicia en xacementos galaico-romanos, e tamén noutros territorios cando se lle encomende, co fin de coñecer mellor a nosa historia e cultura, poñela en valor e contribuír á súa difusión entre a sociedade.


No centro diferenciamos dúas áreas:

  • A de investigación, que pode ser visitada con reserva previa para grupos de máis de 15 persoas
  • A de exposición, que é pública e pode visitarse nos horarios de apertura do pazo de Liñares

Ademais das visitas, o CXCA presta os seguintes servizos:

  • Difusión, información e documentación
  • Intervención no patrimonio histórico
  • Investigación e análise
  • Impresión especializada e modelado 3D
  • Cesión de equipamentos

As condicións, tanto das visitas coma dos servizos, detállanse na Carta de servizos e están recollidas na Ordenanza reguladora do funcionamento do Centro Provincial de Xestión do Coñecemento Arqueolóxico (CXCA) e no Acordo regulador do prezo público de determinados servizos que se prestan no CXCA.

  • Visita á área de exposición
    • de martes a xoves, de 11 a 14 h e de 17 a 20 h
    • de venres a domingo, de 11 a 14 h e de 17 a 21
  • Localización
    • Pazo de Liñares
    • Lugar de Liñares, 6
    • 36512 Prado. Lalín (Pontevedra)
    • Coordenadas: 42º 40´ 48,1" N 8º 11´ 29,8" W