#TRANSPARENCIA

Seguimento de absentismo

Seguimento de absentismo do persoal empregado público

O absentismo laboral consiste na ausencia dunha persoa no seu posto de traballo durante as horas que debería estar presente.


Neste ámbito, a Deputación de Pontevedra realiza un seguimento do absentismo laboral do seu persoal empregado público. O ámbito de persoal incluído no seguimento refírese ao persoal da Deputación de Pontevedra e dos seus órganos descentralizados, excluíndose o referido ao persoal da Escola de Enfermaría e dos Consorcios de Bombeiros.

Os indicadores obtidos refírense ao seguimento do índice de absentismo en relación cos distintos motivos de ausencia no posto de traballo, debendo terse en conta que o absentismo, ademais das ausencias por IT, comprende as seguintes causas: ausencias por enfermidade inferiores a 4 días que non son IT, visitas médicas, ausencias non xustificadas, incumprimento do horario e ausencias debidas ao cumprimento dun deber inescusable público ou persoal, entre outras.

Deste xeito, a continuación recóllense os datos de absentismo laboral por tipoloxía e anualidade.

Actualización anual