Calendario laboral para 2021
De conformidade co disposto no artigo 1 do Decreto 166/2020, do 10 de setembro, da Xunta de Galicia, as festas laborais de carácter retribuído e non recuperable no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021 serán as seguintes:
- 1 de xaneiro: Aninovo
- 6 de xaneiro: Epifanía do Señor (Día de Reis)
- 19 de marzo: San Xosé
- 1 de abril: Xoves Santo
- 2 de abril: Venres Santo
- 1 de maio: Festa do Traballo
- 17 de maio: Día das Letras Galegas
- 12 de outubro: Festa Nacional de España
- 1 de novembro: Todos os Santos
- 6 de decembro: Día da Constitución española
- 8 de decembro: Inmaculada Concepción
- 25 de decembro: Nadal
Festas laborais de carácter local
Ao abeiro do disposto no artigo 37.2 do Estatuto dos traballadores, artigo 46 do Real decreto 2001/1983, do 28 de xullo, artigo 2 do Decreto 166/2020, do 10 de setembro e o artigo 1.11.º do Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, serán inhábiles para o traballo, retribuídas e non recuperables, a proposta do Pleno dos respectivos concellos, as seguintes festas de ámbito local:
AGOLADA
- 29 de xuño
- 30 de xuño
ARBO
- 3 de febreiro: San Brais
- 16 de agosto: San Roque
BAIONA
- 5 de marzo: Festa da Arribada
- 24 de setembro: San Cosme e San Damián
BARRO
- 18 de xuño: Festa do Viño
- 1 de outubro: Romaría de San Breixo
BUEU
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 11 de novembro: San Martiño
CALDAS DE REIS
- 24 de xuño: San Xoán
- 16 de agosto: San Roque
CAMBADOS
- 15 de febreiro: Luns de Entroido
- 30 de xullo: Venres do Albariño
CAMPO LAMEIRO
- 14 de xuño: Santo Antón
- 29 de setembro: San Miguel
CANGAS
- 26 de marzo: Venres de Dores
- 30 de agosto: Luns do Carme
CAÑIZA, A
- 24 de maio: Romaría das Pascuillas
- 15 de outubro: Santa Teresa
CATOIRA
- 12 de xullo: Santo Antón de Padua na parroquia de Catoira
- 16 de xullo: San Mamede na parroquia de Abalo
CERDEDO–COTOBADE
- 26 de xullo: festividade do Ecce-Homo
- 23 de agosto: San Roque
COVELO
- 24 de maio: Festa das Pascuillas
- 26 de xullo
CRECENTE
- 13 de maio
- 29 de xuño: San Pedro
CUNTIS
- 24 de xuño: San Xoán
- 17 de agosto: Virxe do Carme
DOZÓN
- 19 de xullo: Luns da Virxe do Carme
- 6 de setembro: Luns da Pena de Francia
ESTRADA, A
- 24 de xuño: San Paio
- 25 de xuño: San Paio
FORCAREI
- 30 de agosto: Luns de Dores
- 11 de novembro: San Martiño
FORNELOS DE MONTES
- 5 de abril: Luns de Pascua
- 10 de agosto: San Lourenzo
GONDOMAR
- 12 de xullo: Santo Antón
- 16 de agosto: San Roque
GROVE, O
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 11 de novembro: San Martiño
GUARDA, A
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 23 de setembro: Santa Trega
ILLA DE AROUSA, A
- 7 de xaneiro: San Xulián
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
LALÍN
- 20 de setembro
- 21 de setembro
LAMA, A
- 27 de xullo: San Xoaquín e Santa Ana
- 5 de agosto: Festa das Ermidas
MARÍN
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 8 de setembro: Virxe do Porto
MEAÑO
- 3 de febreiro: San Brais
- 13 de decembro: Santa Lucía
MEIS
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 5 de abril: Luns de Pascua (Nosa Señora das Cabezas)
MOAÑA
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
- 11 de novembro: San Martiño
MONDARIZ
- 24 de maio
- 16 de agosto
MONDARIZ-BALNEARIO
- 24 de maio: peregrinación ao santuario da Franqueira
- 16 de xullo: Nosa Señora do Carme
MORAÑA
- 19 de xullo: Santa Xusta
- 13 de decembro: Santa Lucía
MOS
- 14 de xuño: Festa da Rosa
- 9 de agosto: San Mamede
NEVES, AS
- 29 de xullo: Santa Marta
- 5 de agosto: Nosa Señora das Neves
NIGRÁN
- 24 de xuño: San Xoán
- 29 de xuño: San Pedro
OIA
- 24 de maio: Virxe do Mar
- 29 de setembro: San Miguel
PAZOS DE BORBÉN
- 15 de xaneiro: San Amaro
- 5 de abril: Luns de Pascua
POIO
- 24 de xuño: San Xoán
- 24 de setembro: Nosa Señora da Mercé
PONTEAREAS
- 7 de xuño: luns seguinte á festividade do Corpus Christi
- 29 de setembro: San Miguel
PONTE CALDELAS
- 17 de febreiro: Mércores de Cinza
- 1 de setembro: Mércores da Festa das Dores
PONTECESURES
- 7 de xaneiro: San Xulián
- 5 de xullo: Virxe do Carme
PONTEVEDRA
- 17 de febreiro: Mércores de Cinza
- 5 de abril: San Cibrán
PORRIÑO, O
- 12 de xullo: San Bieito
- 27 de setembro: Santo Cristo da Agonía
PORTAS
- 5 de abril: Luns de Pascua
- 11 de outubro
REDONDELA
- 12 de abril: Luns do Cristo
- 3 de xuño: Xoves da Coca
RIBADUMIA
- 5 de abril: Luns de Pascua
- 4 de xuño: Festa do Viño Tinto
RODEIRO
- 14 de xuño: luns seguinte a Santo Antón
- 8 de setembro: Nosa Señora do Faro
ROSAL, O
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 26 de xullo: Santa Ana
SALCEDA DE CASELAS
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 19 de xullo: Luns do Cristo
SALVATERRA DE MIÑO
- 14 de xuño: Santísimo Cristo da Vitoria
- 10 de agosto: San Lourenzo
SANXENXO
- 5 de abril: Romaría do Con
- 16 de agosto: San Roque
SILLEDA
- 9 de xullo: Festa do Lacón
- 23 de agosto: Festa da Empanada da Bandeira
SOUTOMAIOR
- 5 de abril: Luns de Pascua
- 6 de agosto: San Salvador
TOMIÑO
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 13 de setembro: Luns de Alivio
TUI
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 12 de abril: Luns de San Telmo
VALGA
- 26 de xullo: Santa Ana
- 16 de agosto: San Roque
VIGO
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 16 de agosto: San Roque
VILABOA
- 16 de febreiro: Martes de Entroido
- 11 de novembro: San Martiño
VILA DE CRUCES
- 9 de agosto: Nosa Señora da Piedade
- 10 de agosto: Nosa Señora da Piedade
VILAGARCÍA DE AROUSA
- 22 de maio: Santa Rita
- 16 de agosto: San Roque
VILANOVA DE AROUSA
- 15 de xaneiro: San Mauro
- 16 de setembro: San Cibrán
Enlaces
Última modificación: mércores, 16 decembro 2020