Campamentos polideportivos

Normas e equipamento

Normas do campamento

  • A modalidade do campamento será a de pensión completa e as rapazas e rapaces durmirán en albergues
  • Para comunicarse coas e cos menores, porase a disposición das nais, pais e persoas titoras un número de teléfono, indicando o día e a hora en que poderán contactar con elas e eles
  • Poderán levar teléfonos móbiles pero gardaranos as e os monitores e daránllelos ás rapazas e rapaces nos días e horas sinaladas para chamaren a casa
  • Poderán levar cámaras fotográficas, pero nin a Deputación nin a empresa adxudicataria se farán responsables no caso de extravío
  • Aconséllase que as rapazas e rapaces leven arredor de 5 euros para un xeado, un refresco...

Equipamento mínimo recomendable

  • Catro camisetas deportivas
  • Dous pantalóns de deporte
  • Dous pares de zapatillas deportivas
  • Unhas fanequeiras
  • Catro pares de calcetíns de deporte
  • Un chándal
  • Unha peza de roupa de abrigo
  • Unha viseira
  • Un chuvasqueiro
  • Dous pixamas
  • Catro mudas interiores
  • Dous traxes de baño
  • Útiles de aseo persoal (toalla, xabón, pasta e cepillo de dentes, peite…)