#IGUALDADE

Campaña contra as agresións sexuais

"Lembra: eu decido, ti respectas" - "Conta comigo, eu respéctote"

A Deputación de Pontevedra continúa adiante coa súa campaña de prevención das agresións sexuais "Lembra: eu decido, ti respectas", que lle dá continuidade á iniciada en 2017 baixo o lema "Conta comigo, eu respéctote".


O obxectivo desta iniciativa é previr e actuar contra as agresións sexuais categorizadas como violacións en cita e as agresións por submisión química. Trátase dunha campaña informativa entre a mocidade para sensibilizar, concienciar e informar sobre a violencia sexual que padecen as mulleres.

A finalidade é poñer o foco no consentimento trasladándolle tres ideas indispensables á xente moza:

  • O silencio non é un si
  • Se a outra persoa está bébeda ou inconsciente, non hai consentimento
  • A outra persoa ten dereito a parar en calquera momento

A mensaxe transmitida ás persoas asistentes caracterízase pola insistencia na necesidade de focalizar a culpabilidade no agresor, nunca na vítima.

A campaña desenvólvese nos Rías Baixas Fest e nas festas de interese turístico da provincia. 

Disporemos de guías con cadansúa mensaxe diferenciada, unha dirixida ás mozas e outra aos mozos. A campaña está aberta á participación de todas aquelas persoas que desexen implicarse subindo os seus vídeos ás RRSS. Deste xeito potenciarase o impacto da campaña, favorecerase o seu efecto multiplicador e aumentarase o seu alcance.

A posta en marcha deste tipo de iniciativas contribúe sen dúbida ao avance cara á igualdade efectiva entre mulleres e homes e a Deputación de Pontevedra segue traballando sen descanso para lembrarlle á cidadanía os nosos dous lemas: #LembraEuDecidoTiRespectas #ContaComigoEuRespéctote

ODS NOS QUE TEN IMPACTO