Campaña contra as agresións sexuais

Campaña contra as agresións sexuais

A Deputación de Pontevedra pon en marcha a campaña de sensibilización para previr as violacións en cita e as agresións por submisión química.

Iniciada no ano 2017 baixo o lema "Lembra! Eu decido, ti respectas" para previr e actuar contra as agresións sexuais definidas como violacións en cita e as agresións por submisión química, trátase dunha campaña informativa destinada á mocidade para sensibilizar, concienciar, informar e poñer de manifesto o que é a violencia sexual.

A campaña dá un paso máis cara á implicación dos mozos: baixo o lema "Conta comigo, eu respéctote" preténdese que amosen o seu rexeitamento ante este tipo de condutas, que non sexan cómplices e que se posicionen claramente fronte aos agresores.

A idea é manifestar o rexeitamento claro da maior parte de sociedade cara a este tipo de condutas, situarse en fronte aos agresores e amosar o rexeitamento colectivo, ao tempo que se promoven relacións en igualdade baseadas no respecto.

A campaña continuará nos Festivais Rías Baixas e noutras festas da provincia, nos que a Deputación, igual que outros anos, instalará un punto de información con catro axentes de igualdade que entregarán os folletos entre as persoas asistentes (con contidos diferenciados para mozas e mozos) e outros materiais de promoción que van complementar a campaña, coma adhesivos, sombreiros e tarxetas.

Última modificación: mércores, 10 xullo 2019

Campaña contra as agresións sexuais

7 - 10 de 10 albumes existentes

  • PortAmérica 2019
    PortAmérica 2019
  • Revenidas 2018
    Revenidas 2018
  • SonRías Baixas 2018
    SonRías Baixas 2018
  • SinSal 2018
    SinSal 2018