caramomia

Caramomia

A novela Caramomia arranca na rede Instagram coma unha nova iniciativa cultural promovida pola institución provincial para implicar a mocidade na lectura a través da publicación por entregas desta historia xuvenil de misterio. Trátase dun proxecto asinado a oito mans por dúas e dous dos autores máis recoñecidos da comunidade: Ledicia Costas, María Lado, Daniel Landesa e O Hematocrítico (pseudónimo de Miguel López).

A historia de Caramomia, que vai dirixida á mocidade a partir dos dez anos, foi ideada por estas e estes catro creadores nestes días de confinamento e a ficción transcorre tamén na corentena. Está protagonizada por catro rapazas e rapaces, Roque, Mafalda, Brando e Mabel e, como apunta a súa sinopse, haberá un feito que altere a monotonía dos días de illamento: o roubo dunha valiosa peza do museo. As sospeitas das e dos catro xiran en torno a Caramomia, para eles unha señora pouco recomendable á que cómpre vixiar moi de preto. Por iso, emprenderán unha investigación na que non só van ser elas e eles os protagonistas, senón que tamén o serán as lectoras e lectores da novela, xa que poderán decidir como queren que avance a trama e as accións das e dos personaxes.

Despois dos catro primeiros capítulos (estes publicaranse os luns, mércores, venres e sábados), que servirán para presentar os protagonistas e a trama, establecerase ao final de cada entrega un sistema de votacións no que se darán opcións para que as e os lectores decidan por que camiño avanza a resolución do misterio. A historia estará publicada ata o 20 de xuño.

Segue a @caramomia en Instagram!!

Os enlaces iranse compartindo tamén enoutros perfís da institución provincial: