Edificios e sedes

Casa de Combarro

Casa Combarro  

Aínda que é propiedade da Deputación, as súas instalacións están cedidas á Asociación Ateneo Cultural Corredoira, que as usa como biblioteca e para desenvolver actividades lúdico-culturais.

O edificio, que se construíu no século XVIII, está incluído no catálogo de edificios protexidos municipais. Dispón de dúas plantas comunicadas entre si por unha escaleira metálica circular interior e unha exterior de pedra, cunha balaustrada. Diante da casa atópase un dos seis cruceiros de Combarro.

Os materiais empregados na construción, típicos da arquitectura popular, foron a pedra para a fachada e os muros de carga, a tella para a cuberta inclinada e a madeira para o interior.

Última modificación: mércores, 08 agosto 2018