Innovación

Catálogo de ferramentas TIC dirixido ás persoas emprendedoras

Reducir o desemprego é un dos retos máis importantes para a Deputación de Pontevedra, polo que está a desenvolver diversos proxectos que fomentan a creación de emprego e emprendemento, tanto a través de accións formativas coma de asesoramento.

Obxectivos

  • Cubrir as necesidades tecnolóxicas para poñer en marcha iniciativas emprendedoras
  • Apoiar as emprendedoras e emprendedores no desenvolvemento dos seus negocios mediante a aplicación de solucións TIC que redunden nunha mellora real
  • Realizar unha recompilación das principais solucións TIC consideradas clave para as persoas emprendedoras, e estruturalas segundo a fase na que se atopa o desenvolvemento da idea emprendedora