Centro de día

Centro de Día

A Deputación de Pontevedra conta no Centro Príncipe Felipe (CPF) cun centro de día. Este servizo de acollemento residencial diúrno procura preservar e potenciar a integración familiar natural como primeiro e principal recurso de protección, ademais de garantir as necesidades básicas. É un servizo alternativo á separación dos menores do núcleo familiar.

Está dirixido a menores que pertencen a familias con dificultades para atendelos durante a xornada laboral. A súa actividade asegura que as necesidades básicas destes usuarios queden cubertas.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais contados a partir do día seguinte ao de publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao seguinte día hábil

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN

  1. Data de publicación das bases do Centro de Día no BOPPO:
  • 8 de marzo
  1. Prazo para a presentación de solicitudes de admisión:
  • 9 de marzo - 9 de abril
  1. Data de constitución do Consello Coordinador de Centros de Acollemento para os efectos de valoración e baremo de solicitudes de admisión no Centro de Día:
  • 16 de abril
  1. Publicación, na páxina web da Deputación, da lista provisional de solicitudes presentadas para, de ser o caso, proceder á súa emenda mediante a achega da documentación requirida:
  • 23 de abril
  1. Prazo de achega, a través do Rexistro xeral da Deputación, da documentación para emendar o defecto que, de ser o caso, motivou a exclusión:
  • 24 de abril - 8 de maio
  1. Data de publicación, na páxina web, da lista definitiva de solicitudes e adxudicación provisional de prazas:
  • 21 de xuño 
  1. Período de reclamación á lista definitiva de solicitudes e adxudicación provisional de prazas mediante presentación no Rexistro xeral da Deputación:
  • 22 - 28 de xuño
  1. Data límite de envío da proposta da lista definitiva que o Consello Coordinador lle remitirá á entidade titular:
  • 3 de xullo
  1. Prazo de publicación no BOPPO do anuncio da lista definitiva das persoas admitidas, excluídas ou non aceptadas. Esta lista poderá consultarse na páxina web da Deputación:
  • Entre o 4 de xullo  e o 13 de xullo
  1. Prazo para a presentación do recurso potestativo de reposición contra a lista definitiva de persoas admitidas, excluídas ou non aceptadas:
  • Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da lista definitiva no BOPPO. O recurso presentarase no Rexistro e dirixirase á Presidencia da Deputación Provincial

NOTA: No caso de modificación das datas sinaladas anteriormente, publicarase a correspondente actualización do calendario.