Tempo de Saúde

Ciclo de conferencias Tempo de Saúde 2019

O obxecto deste convenio é a colaboración entre o Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra e a Deputación Provincial para desenvolver unha serie de actividades formativas impartidas por profesionais da medicina, especialistas nas materias de que se trate, nas datas que se determinen ata o 30 de decembro de 2019.

Poboación destinataria: xuventude, terceira idade, entidades e asociacións de iniciativa social e público en xeral

Lugares de realización e temáticas: as conferencias desenvolveranse en 22 concellos da provincia de Pontevedra e contarán coas seguintes temáticas, segundo a poboación destinataria:

  • Xuventude
    • Enfermidades de transmisión sexual
    • Nutrición e saúde. Trastornos alimentarios
  • Terceira idade 
    • Alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas
    • Trastornos depresivos e ansiedade

As actividades formativas terán unha hora de duración cada unha e ao finalizar abrirase un debate-coloquio coas persoas asistentes.

Concello Data Hora Lugar Relator/a
Redondela 1 de outubro 20:30 h Multiusos de A Xunqueira Dr. Raúl Vázquez-Noguerol Méndez
Trastornos depresivos e ansiedade
Forcarei 8 de outubro 19:00 h Salón de Actos do Concello Dr. Juan José Sánchez Castro
Alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas
Meis 16 de outubro 12:00 h Auditorio do Centro Multiusos Dr. Enrique Carlos Marra-López Moreno
Nutrición e saúde. Trastornos alimentarios
Catoira 17 de outubro 18:30 h Edificio multiusos Dr. Juan José Sanchez Castro
Alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas
Cuntis 12 de novembro 19:00 h Centro Roberto Blanco Torres Dr. Juan José Sánchez Castro
Alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas
Ribadumia   15 de novembro 11:00 h Casa da cultura Dr. Juan José Sánchez Castro
Alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas
Baiona  15 de novembro 19:00 h Casa da Navegación Dr. Juan José Sánchez Castro
Alzhéimer e enfermidades neurodexenerativas
A Estrada  28 de novembro 11:30 h Salón de Actos de la Academia Galega de Seguridade Pública Dr. Enrique Carlos Marra-López Moreno
Nutrición e saúde. Trastornos alimentarios
Cangas  29 de novembro 12:30 h Salón de Actos do Concello Dra. Laura Couto Ramón
Nutrición e saúde. Trastornos alimentarios
Silleda   3 de decembro 13:00 CPR Plurilingüe María Inmaculada Dra. Laura Couto Ramón
Nutrición e saúde. Trastornos alimentarios
Poio  4 de decembro 18:00 h Centro Social Casa Rosada Dr.Tiburcio Angosto Saura
Trastornos depresivos e ansiedade

 

Última modificación: luns, 25 novembro 2019