Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos

I Ciclo de Conferencias Científicas Aida Fernández Ríos

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación de Pontevedra consideran de interese común a colaboración para a realización da I Edición do Ciclo de Conferencias Aida Fernández Ríos para o ano 2020 e así promover o interese do público xeral, ademais de impulsar o enorme labor científico levado a cabo en Galicia.

A RAGC leva organizando actividades, cursos e ciclos de conferencias en toda a comunidade galega desde a súa fundación no ano 1973, e en liña cos seus obxectivos (difundir a ciencia e a tecnoloxía) pretende instaurar este ciclo de conferencias no que se abordan distintas temáticas con repercusión na sociedade.

Nun primeiro bloque organízanse 7 conferencias en formato webinar impartidas por persoas de recoñecido prestixio no seu ámbito profesional propostas pola RAGC.

Ante calquera dúbida pódese contactar co Servizo de Cohesión Social e Xuventude en  cohesionsocialexuventude@depo.es

Poboación destinataria: persoas usuarias e socias das entidades de iniciativa social, persoas da terceira idade, mocidade, profesionais, estudantes e público xeral.

Conferencias:

  SANIDADE I

  SANIDADE II

  A CONTROVERSIA SOBRE O CAMBIO DE HORA

  INTELIXENCIA ARTIFICIAL

  APLICACIÓNS DAS CADEAS DE BLOQUES

  ECONOMÍA

  PESCA, ACUICULTURA E BIOTECNOLOXÍA

Temática:

MICROALGAS: MICROFACTORÍAS VERDES: Concepción Herrero López. Catedrática de Bioloxía do Departamento de Microbioloxía da Universidade da Coruña

O MAR, FONTE DE SAÚDE: BENEFICIOS DO CONSUMO DOS PRODUTOS DA PESCA E DA ACUICULTURA: Isabel Medina Méndez Profesora de Investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, Vigo. Coordinadora nacional da Área de Ciencia e Tecnoloxía de Alimentos do CSIC

Data: 3 de decembro de 2020

Hora: 19

Formato: webinar de 20 minutos por relatora + coloquio e/ou preguntas

Así mesmo, está prevista a organización de conferencias en centros de ensino da provincia de Pontevedra dirixidas ao alumnado da ESO. Os lugares e as datas de realización determinaraos a Deputación de Pontevedra en función do interese que amosen os distintos centros, das datas que propoñan, da coordinación coa RAGC e da dispoñibilidade das e dos relatores.

Conferencias:

  OS PEIXES TAMÉN VAN AO MÉDICO

  EXOPLANETAS, O RETO DA PROCURA DA VIDA MÁIS ALÓ DO SISTEMA SOLAR

  CSI MADE IN GALICIA

Ángel Carracedo Álvarez

Catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago de Compostela Director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica
Académico numerario da RAGC

A aplicación do ADN á resolución de casos criminais foi unha auténtica revolución na investigación policial e xudicial. Actualmente, de existir unha persoa sospeitosa e se hai unha mostra biolóxica na escena do crime ou na vítima, pode saberse cunha probabilidade moi alta se é súa. Se non hai sospeitosa ou sospeitoso pódese ver se o perfil de ADN da mostra está en bases de datos criminais de ADN.

Data: 30 de noviembre de 2020

Centro educativo: IES Pedro Floriani. Redondela

  A que altura está o ceo?

  DETECTIVES DE IMAXES