#COVID19

Comisión técnica para a asistencia aos municipios fronte a COVID-19

O Comité de Seguimento da COVID-19 acordou a creación, por parte da Deputación de Pontevedra, dunha Comisión Técnica para a Asistencia Municipal, que servirá para asesorar os concellos nas dúbidas sobre as competencias e actuacións que terán que desenvolver na nova normalidade tras a COVID-19.


Esta comisión, que xorde pola necesidade que os concellos, especialmente os 59 de menos de 50.000 habitantes, teñen de apoio técnico para tomar decisións intelixentes, constitúe o primeiro paso para a posta en marcha dun plan coordinado de acción local na provincia impulsado pola Deputación tras a crise sanitaria. A iniciativa é froito do acordo dos grupos; de feito, aprobouse por unanimidade e co respaldo do voceiro da oposición, Jorge Cubela, e daralles resposta ás demandas de alcaldesas e alcaldes.

A comisión, que é paritaria e reúne sete funcionarias e sete funcionarios de alto nivel da Deputación, ofreceralles información aos concellos sobre os asuntos máis relevantes que afectan todas as políticas sociais e económicas tras a crise da COVID-19, como os que se refiren aos orzamentos ou os relativos ás limitacións no acceso aos espazos públicos e á distancia física. Neste sentido, a presidenta resaltou a especial importancia que terá este novo órgano, xa que desenvolverá funcións esenciais. Asesorará os concellos en aqueles ámbitos da súa xestión e competencia, garantindo a asistencia e a cooperación xurídica e técnica en todas as cuestións vinculadas á xestión tanto ordinaria coma extraordinaria provocada pola COVID-19.

A comisión estará coordinada polo responsable do Servizo de Asistencia Intermunicipal da Deputación, Gabriel Rodríguez Alonso, e contará co respaldo do secretario da Corporación. A comisión técnica estará integrada por persoal dos servizos de Intervención, Recursos Humanos, Cooperación, Arquitectura, Prevención de Riscos Laborais, Servizos Sociais, Infraestruturas, Mobilidade, Contratación, Revitaliza e I+D+I, Igualdade e ORAL; este último resolverá dúbidas sobre tributos, taxas e prezos públicos.

Consultas

TRIBUTARIAS

  • Se existe algunha forma legal de non cobrarlles as taxas de lixo, ocupación con mesas e cadeiras e toldos aos comercios e aos locais de hostalería?. No caso de que non fose factible, ata cando se pode paralizar o cobro?. Cal sería o procedemento?. Sería suficiente unha resolución de Alcaldía ampliando o prazo?  (resposta)

CONTRATACIÓN

MEDIDAS DE PROTECCIÓN

MEDIDAS DE DESINFECCIÓN

RECOMENDACIÓNS

MEDIDAS SANCIONADORAS

Normativa COVID-19