Indicadores de transparencia

Comunicación e publicidade institucional

Comunicación pública  

  1. A institución dispón dunha web 2.0
  2. A web institucional é responsive design (adaptativa para dispositivos móbiles)
  3. Existe un módulo de noticias na web
  4. Publícanse noticias sobre as actuacións das e dos membros do goberno relacionadas coa rendición de contas
  5. Pódese ver o mapa da propia web da Deputación
  6. Existe un módulo na web institucional que permite a accesibilidade universal á información publicada
  7. Existe un buscador indexado dentro da páxina web da Deputación
  8. Especifícase un correo de contacto para cada departamento
  9. Existe un portal de transparencia ou atópase a información de transparencia de forma estruturada dentro da web institucional
  10. Existe na web un espazo para os distintos grupos políticos representados na Deputación 
  11. Ten integrada as redes sociais da Deputación
  12. Existe un mapa de redes sociais da Deputación
  13. Integra a cronoloxía das principais redes sociais da Deputación
  14. Ten integrada unha canle de vídeo dixital
  15. Dispón de taboleiro de anuncios en liña
  16. Existe unha caixa de correo da ou do presidente
  17. Existe unha caixa de correo de queixas e reclamacións
  18. Os datos publícanse en formato aberto (XML, CSV....)
  19. Existe un acceso en liña ao Boletín Oficial da Provincia e ao seu arquivo histórico
  20. Tradúcese a páxina web ao inglés

E-administración            

  1. A institución dispón dun portal de administración electrónica
  2. A institución dispón de ferramentas en liña para realizar trámites relacionados cos entes locais e con outras administracións
  3. A institución dispón de ferramentas en liña para realizar trámites relacionados cos recursos humanos e as ofertas de emprego
  4. A institución dispón de ferramentas en liña para realizar trámites como o pago de taxas, impostos e servizos
  5. Pódense realizar tramitacións administrativas, permisos e licenzas en liña polas persoas interesadas garantindo a protección de datos de carácter persoal

M-government (mobile government)  

  1. A Deputación dispón de aplicacións móbiles enfocadas ao turismo, transporte, tráfico, medio ambiente, formación, recursos humanos, fondos bibliotecarios e/ou á axenda cultural e de actividades da provincia
  2. Estas aplicacións están dispoñibles polo menos para o 75 % da poboación (iOS e Android)

OPEN DATA       

  1. Existe un portal Open Data
  2. Existe un catálogo de datos abertos sobre enerxía e medio ambiente
  3. Existe un catálogo de datos sobre turismo, cultura, deporte e lecer
  4. Existe un catálogo de datos sobre transporte público e tráfico

Última modificación: martes, 05 febreiro 2019