Viveiros de empresas de Barro-Meis e Lalín

Concurso de ideas emprendedoras no viveiro de empresas de Lalín

A Deputación de Pontevedra en colaboración co Concello de Lalín, a Asociación de Empresarios de Deza (AED) e a Fundación Instituto Cameral para a Creación e Desenvolvemento da Empresa (INCYDE) convoca este concurso para persoas emprendedoras co obxectivo de premiar a mellor idea ou proxecto empresarial da provincia.

O premio consistirá na cesión dun espazo no viveiro de Lalín durante un ano valorado en
1.300 € para oficina e entre 9.436 e 10.300 € se se trata dunha nave, dependendo das necesidades que requira a idea de negocio.

Poderán optar a este concurso aquelas persoas emprendedoras que vaian comezar a súa actividade económica, aquelas persoas autónomas que requiran dun espazo ou empresas xa constituídas que non superen os 24 meses de vida. O prazo para a presentación será de 30 días naturais a partir do día seguinte da publicación desta convocatoria.