Conectadas

Conectadas 2020

Cancelación do programa Conectadas 2020 (BOPPO 01/06/2020)

O programa "Conectadas 2020" ten por finalidade mellorar a formación básica das mulleres na comunidade para favorecer as relacións interpersoais e o intercambio de experiencias, contribuír a mellorar a súa empregabilidade e o seu mantemento no mercado de traballo e reducir a fenda dixital mediante a utilización da información e as novas tecnoloxías.

Neste programa poderán participar todas as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o seu desenvolvemento e empoderamento, ao igual que o seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade entre mulleres e homes.

A entidade solicitante deberá escoller unha acción formativa do catálogo ofertado. Neste detállanse os contidos de cada acción formativa, as condicións mínimas das aulas ou os materiais precisos para o desenvolvemento do curso, entre outros aspectos.

A duración da acción formativa será de 35 horas, e inclúe un módulo de sensibilización na igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de cinco horas de duración.

Tramitación en sede.depo.gal

Última modificación: xoves, 18 xuño 2020