Consulta pública previa

Elaboración do estatuto para a creación dun organismo autónomo que regule o Museo de Pontevedra



Servizo responsable da iniciativa:

Museo de Pontevedra

Estado actual:

Consulta aberta

Prazo para a remisión de consultas:

13/03/2019 – 15/04/2019

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

Estatutos do organismo autónomo local do "Museo Provincial de Pontevedra" que foron aprobados definitivamente na sesión plenaria do 28 de setembro de 2005 (BOP nº 191 do 4 de outubro de 2005), sendo modificados seguidamente en sesión plenaria do 29 de novembro de 2006 (BOP nº32 do 14 de febreiro de 2007). Posteriormente, disolveuse o organismo e derrogáronse os estatutos en sesión plenaria do 26 de outubro de 2012

Problemas que se pretenden solucionar:

Con esta iniciativa preténdese crear un marco regulatorio no que se ampare o persoal da Deputación de Pontevedra e o propio do Museo de Pontevedra para o desenvolvemento da actividade habitual da institución museística cun criterios claros, con rigor científico e que velen pola consolidación e a modernización dun museo que é referencia tanto en Galiza como fóra dela.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

A necesidade e oportunidade da aprobación deste regulamento ven dado xa que o actual procedemento de dotación de praza dunha persoa para ocupar o cargo de dirección en base a un cargo de dirección xeral, xunto coa consolidación nos orzamentos para o 2019 dunha praza de dirección de xestión por parte dunha funcionaria da casa abren un novo horizonte para a reestruturación do funcionamento do Museo de Pontevedra.

Búscase ademais que mostren as súas inquedanzas sectores profesionais da cultura, xunto ao tecido asociativo, ademais dos organismos públicos encargados da custodia e da posta en valor do patrimonio galego e universal que teña relevancia para a cidadanía

Obxectivos:

Os obxectivos da norma van encamiñados a dotar ao museo dun modelo moderno e eficaz na xestión dos seus recursos tanto en relación coa Deputación de Pontevedra e con outras institucións públicas e privadas que velan pola defensa da cultura galega.

Rango da norma:

Disposición regulamentaria

Formulario de participación na consulta

Datos da persoa solicitante
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Datos da persoa representante
Solicitude
Este campo é obrigatorio.
Examinar
Examinar
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios