Consulta pública previa

Ordenanza fiscal reguladora da taxa por dereitos de exame



Servizo responsable da iniciativa:

Intervención

Estado actual:

Aberta

Prazo para a remisión de consultas:

11/10/2019 – 24/10/2019

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

Proponse a aprobación da Ordenanza fiscal para a imposición e regulación dos dereitos de exame por participación en procesos selectivos convocados pola Deputación de Pontevedra, de xeito que se acade a cobertura parcial do custo de organización e desenvolvemento destes.

Así mesmo, a esixencia da taxa incide eficazmente en materia de planificación de aulas e medios para o desenvolvemento dos procesos, ao reducir a porcentaxe de persoas inscritas que non se presentan ás probas.

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

De conformidade co artigo 21 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, a Ordenanza fiscal constitúe o instrumento axeitado para a imposición e regulación da taxa.

Obxectivos:

O obxectivo da Ordenanza é o establecemento e regulación da taxa por dereitos de exame, con diferenciación no cadro de tarifas segundo o grupo de titulación da praza convocada

Rango da norma:

O establecemento e regulación da taxa esixe a aprobación da correspondente Ordenanza fiscal, sen prexuízo das diferentes alternativas en canto a tarifas e beneficios fiscais.

Última modificación: venres, 11 outubro 2019