Consulta pública previa

Regulamento para a prestación do servizo de colaboración no procedemento sancionador en materia de tráfico



Servizo responsable da iniciativa:

ORAL

Estado actual:

Consulta aberta

Prazo para a remisión de consultas:

09/08/2019 – 16/08/2019

INFORMACIÓN SOBRE A NORMA

Antecedentes:

A Deputación de Pontevedra – ORAL ven desempeñando as facultades de colaboración no procedemento sancionador en materia de tráfico, así como a competencia de recadación en período voluntario e executivo das sancións de tráfico resultantes, mediante as correspondentes encomendas de xestión e delegacións dos Concellos respectivos. O número de Concellos da provincia  cos que colabora a Deputación a través do servicio ORAL é de 29  concellos.

As relacións entre os Concellos e a Deputación de Pontevedra – ORAL están reguladas nesta materia polo disposto no Regulamento do servizo de colaboración na xestión das sancións de tráfico, publicado no B.O.P. o 23 de xuño de 2010 ( Boletín nº 118 /10 )

Necesidade e oportunidade da súa aprobación:

A forma de prestación actual do servicio en canto a instrución dos expedientes sancionadores implica o nomeamento dun instrutor / instrutora delegada persoal funcionario dos propios Concellos. A experiencia acumulada polo servicio de xestión de recursos públicos e inspección encargado da tramitación pon de manifesto a necesidade de actualizar este regulamento co fin de poder ir un paso máis aló nos servizos que esta Deputación presta aos Concellos nunha materia tan complexa como é o procedemento sancionador en materia de tráfico, e tamén de evitar retrasos nas tramitacións derivadas da intervención sucesiva de persoal funcionario de dúas administracións diferentes, cos problemas engadidos de posibles inseguridades no plano estritamente técnico que é actualmente solventado na súa integridade polo servicio ORAL

Tendo en conta nesta materia o establecido na normativa aprobada con posterioridade a publicación do Regulamento desta  Deputación, entre outras, o Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria; e a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, que integra as medidas relativas a Administración electrónica no seu articulado.

Atendendo, a súa vez, aos cambios e avances relacionados coas novas tecnoloxías, principalmente coa posta en marcha dunha nova Oficina Virtual do ORAL, a través da cal se poden facer de forma telemática trámites relativos ao procedemento sancionador de tráfico, tales como a identificación de condutor responsable, presentación de alegacións e recursos contra as multas e pagamento das sancións de tráfico entre outras.

Obxectivos:

Se precisa impulsar a aprobación dun novo regulamento na materia que permita aos Concellos, que así o determinen por acordo expreso, a delegación integra da fase instrutora do procedemento sancionador en materia de tráfico, con pleno respecto a autonomía municipal e polo tanto residindo nos propios Concellos tanto a  fase de inicio do procedemento, coa denuncia da persoa infractora, como a fase sancionadora, coa resolución final da imposición da sanción do titular da Alcaldía de cada Concello. Toda a tramitación pois, unha vez notificado o inicio do procedemento podería, se así o deciden os Concellos, delegarse na Deputación – ORAL.

Con esta nova fórmula preténdese dar resposta as necesidades dos Concellos, liberándoos dos trámites a realizar nestes procedementos que, pola súa complexidade e curtos prazos en materia de prescrición, fan necesaria unha tramitación áxil e eficaz.

Rango da norma:

Disposición regulamentaria

Formulario de participación na consulta

Datos da persoa solicitante
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Datos da persoa representante
Solicitude
Este campo é obrigatorio.
Examinar
Examinar
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios