Imaxe representativa do tema Formación e Emprego

Profesora ou profesor colaborador da Escola Universitaria de Enfermería

Esta convocatoria ten por obxecto a provisión dos seguintes postos de profesora ou profesor colaborador da Escola Universitaria de Enfermería para o curso académico 2017/2018 polo procedemento de urxencia e mediante o sistema de concurso:

  • Profesora ou profesor de Prácticas Clínicas II e III
  • Profesora ou profesor de Prácticas Clínicas IV e V

As solicitudes para participar neste proceso selectivo axustaranse ao modelo que figura como anexo II desta convocatoria e irán dirixidas a presidenta do Padroado da Escola de Enfermería no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)