O teu primeiro emprego

Plan de fomento da empregabilidade na provincia de Pontevedra "O teu primeiro emprego" 2020

Este plan ten por obxecto facilitar que as persoas tituladas universitarias e de ciclos superiores de formación profesional poidan acceder dentro da provincia a un primeiro emprego adecuado ao nivel de estudos cursados, adquirir experiencia profesional e facilitar a súa futura inserción no mercado de traballo.

A experiencia laboral adquirirase mediante a formalización de contratos laborais en prácticas, polo que para o seu desenvolvemento a Deputación contará coa colaboración dos concellos da provincia de Pontevedra de menos de 50.000 habitantes, das empresas, das corporacións sectoriais e das organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra, que, xunto coa Deputación no programa propio, son as que contratarán as persoas tituladas que resulten seleccionadas.

O plan estrutúrase nos catro programas de actuación seguintes:

  1. O teu primeiro emprego na Deputación Provincial de Pontevedra
  2. O teu primeiro emprego nos concellos
  3. O teu primeiro emprego nas empresas e corporacións sectoriais
  4. O teu primeiro emprego en organizacións non gobernamentais da provincia de Pontevedra

Cada un dos programas que integran este plan desenvolverase nas seguintes fases:

  1. Primeira fase: determinación, de ser necesaria, das entidades colaboradoras e das titulacións requiridas para a formalización dos contratos en prácticas coa Deputación Provincial, cos concellos, coas empresas e corporacións sectoriais e coas organizacións non gobernamentais, segundo as bases desenvolvidas para cada programa
  2. Segunda fase: selección das persoas beneficiarias destas contratacións

A selección das entidades colaboradoras e a designación das titulacións dos postos de traballo que se van desempeñar, así como a selección das persoas beneficiarias, efectuaranse de acordo coas bases reguladoras que aprobe a Deputación para cada un dos programas.

Última modificación: venres, 12 xuño 2020