CULTURA
#MUSEODEPONTEVEDRA
Museo de Pontevedra
O Museo de Pontevedra é unha institución pública, dependente da Deputación de Pontevedra, sen fins de lucro, ó servizo da sociedade e do seu desenvolvemento
A súa misión é formar, conservar, investigar, difundir e exhibir unha colección permanente de obxectos de arte de todo tipo; ofrecer exposicións temporais que inclúan pezas en préstamo, e cultivar e fomentar a arte cos medios adecuados, dirixindo actividades axeitadas que conduzan ó desenvolvemento artístico e cultural da provincia, levando a cabo e participando en actividades de relevancia nacional e internacional.
Máis información
#ARQUIVOPROVINCIAL
Patrimonio Documental e Bibliográfico
O Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico insírese no organigrama da Deputación de Pontevedra como natural desenvolvemento do Arquivo-Biblioteca, consecuencia da evolución e ampliación das funcións e actividades que, de forma específica, se levan a cabo nos campos documental e bibliográfico, co fin de difundir a información e a cultura.
Máis información
NOVAS SOBRE CULTURA
O Museo abre unha exposición Novos Valores 2022 “con voz de muller e unha equilibrada mostra de técnicas, visións persoais, inquietudes e reflexións sobre o mundo actual”
07/07/2022
A Deputación conmemora en Vigo o cincuenta aniversario da recuperación da Casa de Rosalía
06/07/2022
Eva Pena Fandiño, Borja Santomé Rodríguez, Teresa Búa Sambad e Julia Gil Ordóñez gañan as bolsas como mellores creadoras de ‘Novos Valores 2022’ do Museo de Pontevedra
05/07/2022