Curso de Formación en Igualdade
Dentro das accións formativas da Escola de Igualdade María Vinyals, a Deputación de Pontevedra, en colaboración coa Universidade de Vigo, organiza un Curso de Formación en Igualdade.
Está dirixido a profesorado e alumnado da Universidade de Vigo, profesorado e persoal educativo dos centros dependentes da institución provincial (Escola de Cantería, Escola de Enfermería, Centro Príncipe Felipe) e profesorado de centros de ensino dependentes da Consellería de Educación (educación infantil, primaria e secundaria).
Lugar de realización: Escola de Enxeñaría Forestal (Aula 9 ). Campus Universitario de Pontevedra
Curso eminentemente práctico, de 100 horas de duración, que constará de dous módulos cunha parte presencial (30 h) e outra en liña (20 h) en cada un deles.
Ao finalizar cada un dos módulos do curso a Universidade de Vigo expedirá unha certificación oficial (do nivel I e do nivel II).
Datas de realización: luns e xoves, de 17:30 a 20:30 h, desde o 23 de outubro
O primeiro módulo (nivel I) realizarase de outubro a decembro de 2017.
O segundo módulo (nivel II) Febreiro a marzo de 2018.
Formación presencial luns e xoves, de 17:30 a 20:30 h, comezo o 1 de febreiro de 2018.
Núm. de prazas ofertadas: 40 (por rigorosa orde de inscrición)
O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e rematará o 13 de outubro de 2017, este incluído.
- Bases (BOPPO 27/09/2017)
- Extracto das bases (BOPPO 28/09/2017)
- 250.020A Formulario de inscrición
- Lista de persoas admitidas (25/10/2017)
Última modificación: martes, 23 xaneiro 2018