Formación

CURSOS POEX (2017/2018)

A Deputación de Pontevedra promove as seguintes accións formativas cofinanciadas pola Unión Europea con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil e a Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

(2017/104041)-Dirección e coordinación de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (SSCB0211).

Planificar, organizar, xestionar, dinamizar e avaliar proxectos de tempo libre educativo, dirixidos á infancia e á xuventude en todos os seus aspectos, representando interna e externamente os mesmos, asumindo a creación, control e dinamización do equipo de persoal monitor.

(2017/104039)- DINAMIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE EDUCATIVO INFANTIL E XUVENIL (SSCB0209).

Organizar, dinamizar e avaliar actividades de tempo libre educativo dirixidas á infancia e á xuventude, no marco da programación xeral dunha organización, aplicando as técnicas específicas de animación grupal, incidindo explicitamente na educación en valores e atendendo ás medidas básicas de seguridade e prevención de riscos.

Logos cursos POEX

Última modificación: mércores, 05 setembro 2018