I Concurso de Debuxo Infantil Debuxa a túa Provincia

I Concurso de Debuxo Infantil Debuxa a túa Provincia

Coa finalidade de axudar ao coñecemento da riqueza turística da provincia, a Deputación de Pontevedra convoca o I Concurso de Debuxo Infantil Debuxa a túa Provincia, no que poderán participar nenas e nenos de ata 14 anos de idade. A través dos seus ollos poderemos descubrir os lugares con máis encanto do noso patrimonio cultural e natural.

Amplíase o prazo límite de presentación de debuxos ata o 14 de xuño de 2019

PERSOAS GAÑADORAS

CATEGORÍA 1 (ata 6 anos)

  • Ponte de Rande

    Debuxo co lema: Ponte de Rande. Elixido pola súa creatividade, expresividade, colorido e nivel de detalle, intentando incorporar diversos elementos singulares das Rías Baixas

CATEGORÍA 2 (de 6 a 11 anos)

Como esta categoría abarca un rango de idades moi dispar e debido ao elevado número de debuxos presentados, o tribunal considerou máis xusto seleccionar dous debuxos premiados.

  • Un lugar que sácalle un sorriso á xente

    Debuxo co lema: Un lugar que lle saca un sorriso á xente. Elixido pola súa mensaxe coherente coas bases do concurso. Representa diversos elementos característicos do noso patrimonio provincial cultural e natural (castelos, pontes, castros, cruceiros ...). Destaca o nivel de detalle e limpeza do debuxo

  • Mariscando na ria de Arcade

    Debuxo co lema: Mariscando na ría de Arcade. Elixido pola súa creatividade, por utilizar varias técnicas diferentes e polo seu impacto visual, no que destaca a súa harmonía cromática, representando, ademais, unha das actividades dun sector clave da provincia

CATEGORÍA 3 (de 11 a 14 anos)

  • Tenemos un patrimonio de belleza histórica y natural incalculable

    Debuxo co lema: Temos un patrimonio de beleza histórica e natural incalculable. Elixido pola súa calidade artística, a técnica empregada, que mostra destreza no manexo das cores, e pola calidade de trazo e a súa proporcionalidade e realismo

Última modificación: venres, 28 xuño 2019

Participantes no concurso

1 - 3 de 3 albumes existentes

  • Grupo 1 - Ata os 6 anos
    Grupo 1 - Ata os 6 anos
  • Grupo 2 - dos 6 aos 11 anos
    Grupo 2 - dos 6 aos 11 anos
  • Grupo 3 - dos 11 aos 14 anos
    Grupo 3 - dos 11 aos 14 anos