I Concurso de Debuxo Infantil Debuxa a túa Provincia

I Concurso de Debuxo Infantil Debuxa a túa Provincia

Coa finalidade de axudar ao coñecemento da riqueza turística da provincia, a Deputación de Pontevedra convoca o I Concurso de Debuxo Infantil Debuxa a túa Provincia, no que poderán participar nenas e nenos de ata 14 anos de idade. A través dos ollos das e dos máis pequenos poderemos descubrir os lugares con máis encanto do noso patrimonio cultural e natural.

O prazo límite de presentación de debuxos será o 30 de maio de 2019

Última modificación: mércores, 08 maio 2019