Decálogo de actuacións na estradas provinciais

Decálogo de actuacións nas estradas provinciais

Os criterios que guían as actuacións da Deputación de Pontevedra na rede de estradas provinciais condénsanse nun decálogo que establece as prioridades de uso das vías, as actividades de conservación e os espazos das beirarrúas, entre outros aspectos.

  • Priorizaranse as necesidades dos sectores máis vulnerables: 1º peón, 2º ciclista, 3º transporte público, 4º vehículo privado
  • Potenciarase unha boa conservación do patrimonio viario provincial con rozas e limpeza de cunetas, mellora do firme, sinalización, balizamento e iluminación
  • Os proxectos de actuación en tramos de concentración de accidentes serán prioritarios
  • Fomentaranse as reducións de velocidade mediante sinalización e medidas de calmado do tráfico
  • As actuacións de modificación de trazado e ampliación da plataforma realizaranse só en estradas cunha intensidade media diaria superior a 3.000 vehículos/día de non ser viables outras alternativas de menor impacto
  • Darase un tratamento específico ás áreas de especial interese para poñer en valor o patrimonio e integralo en cada actuación
  • Nos proxectos de (re)urbanización crearase un espazo peonil continuo de seguridade con beirarrúas de rasantes continuas, un largo mínimo de 2,50 metros e criterios de accesibilidade universal
  • As actuacións de urbanización de vías provinciais serán cofinanciadas ao 70 % pola Deputación e ao 30 % por cada concello. As reurbanizacións serán cofinanciadas ao 60 % - 40 %. A posta a disposición dos terreos correrá a cargo dos concellos
  • Nas (re)urbanizacións irá aparellada a transferencia aos concellos da titularidade da vía no tramo correspondente
  • O coidado e mantemento dos servizos urbanos corresponderalles aos concellos. Á Deputación corresponderalle a conservación do firme, a sinalización horizontal e vertical e a rede de pluviais
  

 

Última modificación: martes, 12 marzo 2019