Degusta Europa

Degusta Europa 2016

Co gallo da celebración do Día de Europa, os mercados municipais da provincia de Pontevedra son o escenario dunha serie de actividades de degustación de receitas típicas de Europa, elaboradas con produtos das Rías Baixas. A preparación dos pratos corre a cargo do alumnado dos centros de FP de hostalería Carlos Oroza de Pontevedra e Manuel Antonio de Vigo, que lles ofrecerán aos usuarios dos mercados a posiblidade de probar o Tzatziki grego, o risotto italiano, os  Moules au safran de Bélxica ou o Fish & Chips británico, entre outros.

A iniciativa, que leva por título "Degusta Europa", está organizada pola Deputación de Pontevedra e terá lugar en Caldas de Reis, Cambados, A Guarda, Bueu, Pontevedra e Vigo, en días diferentes comprendidos entre o 3 e o 13 de maio. Todas as degustacións serán de 11 a 12 horas.

Elaboracións do CIFP Carlos Oroza

  • Caldas

    Risotto de verduras (Italia)

    Ingredientes: verduras da horta de Caldas, arroz e queixo galego

  • Caldas

    Troita mariñada con pan lefse (Suecia)

    Ingredientes: troita de Caldas, pataca de Galicia e fariña (lefse) e verduras.

  • Caldas

    Tzatziki (Grecia)

    Ingredientes: requeixo e iogur galego, cogombro e amorodo

  • Caldas

    Vermú (Italia)

    Ingredientes: viño albariño, herbas aromáticas e froitas

  • Caldas

    Bloodymary (Francia)

    Ingredientes: zume de tomate, zamburiñas e Vodka galego

  • Caldas

    Linguado meunière (Francia)

    Ingredientes: linguado, fariña e manteiga

  • Caldas

    Moules au safran (Bélxica)

    Ingredientes: mexillón de Galicia, nata, viño Albariño e azafrán

  • Caldas

    Orange Blossom (Reino Unido)

    Ingredientes: xenebra galega, zume de laranxa e limón

  • Caldas

    Bellini (Italia)

    Ingredientes: viño Albariño, zume de pexego e froita da paixón

  • Caldas

    Ensalada Caprese (Italia)

    Ingredientes: vexetais da horta galega, AOVE galego, queixo de vaca galego e albahaca

  • Caldas

    Fish & Chips (Reino Unido)

    Ingredientes: peixiños do mercado, pataca de Galicia e Ali Oli

  • Caldas

    Gyros (Grecia)

    Ingredientes: tenreira de Galicia, pan trigo do país, vexetais da horta galega e salsa de iogur

Elaboracións do CIFP Manuel Antonio

  • Manuel Antonio

    Hamburguesa de porco

    Ingredientes: Pan de medias noites, Carne de porco adobada en branco, queixo grüllere, Follas de espinaca fresca, Tomates concentrado, Almibre, Fresas, Chalota e Vinagre

  • Manuel Antonio

    Sopa de melón con Oporto texturizado

    Ingredientes:Melón licuado, Xantana, Sal e pementa, Azucre, Viño de Oporto, Agar-agar, Laminas de xamón e Follas de herba boa

  • Manuel Antonio

    Rissoto de mexillóns con tella de queixo parmesano

    Ingredientes: Mexillóns, crema de mexillóns, arroz, queixo parmesano, azafrán e caldo de peixe

  • Manuel Antonio

    Xoubas fritidas con tempura de millo

    Ingredientes: Xoubas, tempura de millo, brotes tenros de hotalizas de folla e tella de pan de millo

  • Manuel Antonio

    Xarda lañada con brotes tenros

    Ingredientes: Xardas, sal, azucre moreno, follas tenras de hortalizas de folla, Tallín, mel, aceite, limón e brotes de alfalfa

Última modificación: venres, 04 maio 2018