Degusta Europa

Degusta Europa - A gastronomía do Camiño

O programa "Degusta Europa", con actividades en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE, asentados na paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende que cómpre reivindicalos para manter o proxecto europeo común.

"Degusta Europa" pretende promover e impulsar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. O programa dá a coñecer ademais o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio de Vigo e Carlos Oroza de Pontevedra.

Na primeira edición, en 2016, organizamos actividades en diferentes mercados da provincia para potenciar o produto local e o alumnado adaptou pratos inspirados en Europa elaborados con ingredientes das Rías Baixas. Nesta segunda edición mantemos o xerme do programa, pratos elaborados con produtos das Rías Baixas pero con diferente inspiración: os camiños xacobeos.

En 1987 o Consello de Europa declarou o Camiño de Santiago como primeiro itinerario cultural europeo. As diferentes rutas e camiños xacobeos cara a Santiago son transitados anualmente por miles de peregrinas e peregrinos de diferentes nacionalidades que realizan estas rutas por diferentes motivos. Os camiños xacobeos son un punto de atracción para Europa, de onde procede unha porcentaxe moi elevada de visitantes. Estas rutas transfórmanse en portas abertas de conexión con Europa e coa súa cidadanía, nun punto de encontro de diversos costumes.

En 2017, ano no que estamos a realizar unha campaña de promoción das rutas que atravesan As Rías Baixas, dedicámoslle o programa "Degusta Europa" á gastronomía do Camiño.

As actividades, que inclúen degustación do produto local elaborado polo alumnado dos dous centros de formación, terán lugar nos concellos de Tui, Baiona, Vigo, Pontevedra, O Grove e Soutomaior, puntos dos diferentes camiños xacobeos: o Camiño Portugués tradicional, o Camiño Portugués da Costa e a Ruta do Mar de Arousa e Río Ulla.

Estas actuacións teñen como obxectivo poñer en valor a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da nosa provincia.

Centro Manuel Antonio

 

Centro Carlos Oroza

  • Pontevedra

    Fritos do Camiño con salsa mariñeira ao estragón

    Ingredientes: peixiños, mexillóns, chula de bacallau portugués, patacas e salsa mariñeira ao estragón

  • Pontevedra

    Arroz caldoso de mariscos

    Ingredientes: arroz, mexillóns, berberechos e peixiños

  • Pontevedra

    Ensalada de xarda mariñada

    Ingredientes: xarda, leituga, tomate e vinagreta

  • Pontevedra

    Hierbas del Camino

    Ingredientes: augardente de herbas, cordial de lima, xarope de rosas do Camiño Portugués, viño albariño e sopa de sabugueiro

  • Pontevedra

    Hamburguesa

  • Pontevedra

    Batido verde do Mercado

    Ingredientes: grelos, mazá, plátano, leite de arroz e mel

Última modificación: venres, 04 maio 2018

Vídeos

#DegustaEuropa no Mercado do Progreso en Vigo