Degusta Europa 2018
O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende a súa necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e a materia prima da provincia de Pontevedra.
A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun polo de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o labor do alumnado de dúas das escolas de hostalería máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.
Na primeira edición, en 2016, organizáronse actividades en diferentes mercados da provincia nas que o alumnado adaptou pratos inspirados en Europa e elaborados con ingredientes das Rías Baixas. En 2017 mantívose o xerme do programa, pratos elaborados con produtos da provincia de Pontevedra cos camiños xacobeos como fonte de inspiración.
Na edición actual de 2018 pártese dos mesmos produtos de máxima calidade para elaborar pratos que beben da tradición do patrimonio da provincia, en consonancia coa campaña de promoción "Somos historias". Trátase, ademais, de buscar nexos de unión con 20 países da UE cos que a Deputación de Pontevedra garda relación a través de diferentes proxectos europeos:
- Proxecto POCTEP: Irlanda, Reino Unido, Portugal e Francia
- Outros proxectos: Italia, Malta, Islandia, Finlandia, Holanda, Alemaña, Polonia, Romanía, Grecia, Suecia, Chipre, Bulgaria, Eslovaquia, Eslovenia, Noruega e Dinamarca
As actividades, que inclúen unha degustación do produto local elaborado polo alumnado dos dous centros de formación, terán lugar nos municipios da Guarda, Cangas, Vigo, Lalín, Marín e Vilagarcía de Arousa.
Centro Manuel Antonio
- Xoves 3 de maio: A Guarda (11:00-12:00)
- Venres 4 de maio: Cangas (12:00-13:00)
- Martes 8 de maio: Vigo (Mercado do Progreso) (11:00-12:00)
Os aperitivos que se van elaborar nos mercados da actividade Degusta Europa son os seguintes:
- INGLATERRA: steak and kidney pie (pastel de vacún e riles) sobre volován (carne de segunda, riles de tenreira, cebola, caldo de tenreira, manteiga, fariña, salsa inglesa, perexil, tomiño, po de cogomelos, sal e pementa negra, romeu)
- FRANCIA: ratatouille (guiso de hortalizas) en platillo (berenxena, cabaciña, pemento amarelo, pemento vermello, pemento verde, tomate, cebola, allo, tomiño, romeu, aceite de oliva)
- HOLANDA: erwtensoep (guiso de chícharos e cárnicos) montado en vaso de chopo e espetada (chícharos secos, carne de porco, loureiro, touciño afumado, pezuños de porco, salchicha fresca, porros, cebolas, rama de apio, cenorias, patacas, pementa, sal, cravo, fondo branco)
- DINAMARCA: fiskefrikadeller (albóndegas de peixe, bacallau) montado en hamburguesa (bacallau fresco, cebola, fariña, ovo, leite, lévedo, impulsor, sal, pementa negra, perexil picado, aceite de xirasol, manteiga)
- NORUEGA: tosta de salmón (salmón afumado e queixo sobre pan negro)
- INGLATERRA: biscoito borracho con crema servido en vaso de chopo
- FRANCIA: enreixados de mazá e cabelo de anxo en bandexa
Centro Carlos Oroza
- Xoves 10 de maio: Lalín (12:00-13:00)
- Venres 11 de maio: Marín. (11:00-12:00)
- Martes 15 de maio: Vilagarcía (11:00-12:00)
Os aperitivos que se van elaborar nos mercados da actividade Degusta Europa son os seguintes:
-
Lalín, 10 de maio
-
Codillo con xucrute (Alemaña)
INGREDIENTES: codillo, herbas aromáticas, repolo, beicon e vinagre - Ensalada de garavanzos á francesa (Francia)
INGREDIENTES: hortalizas, polbo cocido, garavanzo pedrosillano cocido e brotes - Strawberry bowle (Alemaña)
INGREDIENTES: amorodos e zume de laranxa - Orange spritz (Italia)
INGREDIENTES: vermú, Campari, soda e zume de laranxa
-
Codillo con xucrute (Alemaña)
- Marín, 11 de maio
- Carne de porco alentexana (Portugal)
INGREDIENTES: carne adobada de porco en tacos, ameixas, allo, cebola e porro - Fiskie buller (Islandia)
INGREDIENTES: albóndegas de pescada (pescada picada, allo, cebola, perexil, sal e pementa) en salsa verde (allo, cebola, perexil e fumet) - Tartaruga Ninja (Portugal)
INGREDIENTES: plátano, kiwi e mazá - Blue tropic (Islandia)
INGREDIENTES: curaçao azul, ron e zume de piña
- Carne de porco alentexana (Portugal)
- Vilagarcía de Arousa, 15 de maio
- Gravlax (Escandinavia)
INGREDIENTES: fajitas, hortalizas, agróns e salmón afumado - Seafood chowder (Irlanda)
INGREDIENTES: velouté de peixe (sopa branca de peixe) con bivalvos ao vapor - Orange spritz (Italia)
INGREDIENTES: vermú, Campari, soda e zume de laranxa - Sutha tawn (Irlanda)
INGREDIENTES: amorodos, zume de laranxa e Monin Fresa
- Gravlax (Escandinavia)
Última modificación: luns, 07 maio 2018
Degusta Europa 2018
0 - 0 de 0 albumes existentes