Deportes-Depo Andainas

Depo Andaina As Neves

  • Data de apertura de inscricións: venres 4 de maio
  • Data de realización: domingo 20 de maio
  • Peche de inscricións: mércores 16 de maio
  • Distancia: 15 km
  • Percorrido: circular
  • Dificultade: media-alta
  • Altitude máxima: 469 m (a saída está a 161 m)
  • Duración estimada: 3,5 horas
  • Formulario de inscrición
  • Consulta de persoas admitidas

 

Os lugares e horarios de saída dos autobuses son os seguintes:

  • Pontevedra, ás 7:50 h da praza de Galicia
  • Vigo, ás 8:30 h da praza de España

A andaina comezará ás 10:00 h desde a praza da Cristiandade do concello das Neves. Ás 9:50 h haberá unha charla informativa. Os teléfonos de contacto da andaina son: 629 448 087 e 625 482 636.

Descrición da andaina

A andaina ten dúas zonas para aparcar, a primeira na rúa Esperanza (abaixo, no cruce coa circunvalación), a 200 m da saída, e a segunda ao lado do campo de fútbol, a 500 m da saída.

Co punto de saída na praza da Cristiandade, diante da casa do concello das Neves, partiremos cara aos montes da Paradanta, nun ascenso continuo pero non moi esixente que en pouco tempo nos permitirá ter unhas vistas panorámicas da zona da Paradanta e do val do Miño. Dependendo do día poderemos chegar a ver o mar, situado a case 40 km.

A parte alta da serra pola que imos pasar está totalmente arrasada debido aos incendios dos últimos anos. A partir do quilómetro 4 comezaremos o descenso que nos permitirá descubrir os primeiros muíños, a capela de San Bartolomeu e a lenda sobre o castro que está aos seus pés.

Continuaremos ata chegar aos achados de arte rupestre de Taboexa e A Coutada, onde faremos un pequeno avituallamento, para despois volver á vila por un camiño diferente.

Actividade complementaria

Nesta ruta escoitaremos unha pequena charla sobre os incendios do ano pasado e sobre como puideron afectar distintos factores para que as dimensións e consecuencias dos lumes fosen tan devastadoras. Así mesmo, falaremos sobre o descubrimento dos petróglifos, únicos polas súas características, e de como poden dinamizar turisticamente a zona.