Deportes-Depo Andainas

Da Pedra e da Auga (concello de Ribadumia)

  • Data de apertura de inscricións: luns 30 de setembro
  • Peche de inscricións: mércores 9 de outubro 
  • Data de realización: sábado 12 de outubro

Esta andaina levaranos ao concello de Ribadumia, concretamente ata o mosteiro da Armenteira, entre infinidade de muíños de pedra e preciosos saltos de auga que dan nome a esta inesquecible ruta. 

ITINERARIO SÓ DE MAÑÁ

  • Saída do autobús: as horas especificaranse con anterioridade vía sms, os puntos de saída serán a praza de Galicia en Pontevedra e a praza de España en Vigo
  • Chegada á localidade (media hora para recoller o dorsal e poder tomar un café)
  • Realización da ruta e regreso á localidade
  • Visita guiada e tempo de descanso
  • Volta á casa

Última modificación: luns, 22 xullo 2019