Deportes-Depo Andainas

Fervenza do Toxa (concello de Silleda)

Esta andaina levaranos ao concello de Silleda, con lugares de interese como a Fervenza do Toxa e o mosteiro de Carboeiro. Ten unha paisaxe formada por bosques espesos.

ITINERARIO SÓ DE MAÑÁ

  • Saída do autobús: as horas especificaranse con anterioridade vía sms, os puntos de saída serán a praza de Galicia en Pontevedra e a praza de España en Vigo
  • Chegada á localidade (media hora para recoller o dorsal e poder tomar un café)
  • Realización da ruta e regreso á localidade
  • Visita guiada e tempo de descanso
  • Volta á casa