Deportes-Depo Andainas

Depo Andaina de Gondomar

  • Data de apertura de inscricións: luns 10 de setembro
  • Data de realización: domingo 14 de outubro
  • Peche de inscricións: mércores 10 de outubro
  • Distancia: 12,4 km
  • Percorrido: circular
  • Dificultade: media
  • Altitude máxima: 228 m
  • Duración estimada: 3 horas
  • Formulario de inscrición
  • Lista provisional de persoas admitidas

Descrición da andaina

O punto de saída estará no centro desta tranquila vila. Dirixirémonos cara ao paseo fluvial e viraremos cara á ponte das Ánimas seguindo o curso do río ata a aldea de Rasas, onde comezará unha subida; alí poderemos observar numerosos muíños ata chegar a Couso e á súa igrexa, onde faremos un avituallamento líquido.

Desde este punto comezaremos a baixada, seguindo os regatos para volver ao punto de partida.

Actividade complementaria

Teremos un pequeno obradoiro sobre sendeirismo con explicacións sobre as distintas sinalizacións máis habituais, o seu significado, o grao de dificultade, como interpretalas e consellos e precaucións á hora de facer unha ruta.